Información | Crise Covid-19
Tanto desde o Consello Reitor de Espazocoop como desde a equipa técnica estamos traballando para tratar, no posible, de minimizar os impactos e facer de ponte coas administracións, tanto autonómica como estatal, en todo aquilo que vos afecte: suspensión de actividades, posibles aprazamentos de pagamentos de impostos ou custos de seguridade social, financiamento para facilitar liquidez, axilidade nos expedientes de regulación temporal de emprego, etc.
O certo é que a información sucédese continuamente polo que trataremos de subir a esta sección cuestións de interese.
Quedamos ao voso dispor co fin de que nos trasladedes en que medida vos afecta esta crise e que necesidades específicas podedes precisar para, na medida das nosas posibilidades, tratar de axudar.
Habilitamos un FORMULARIO DE CONSULTAS e un espazo con INFORMACIÓN nestas áreas:
- COOPERATIVAS (laboral, seguridade social, Ertes, prestación extraordinaria, socias, tributos…)
- RESOLUCIÓNS E INSTRUCCIÓNS DA ADMINISTRACIÓN GALEGA EN ESPECIAL
- ERTEs
- FINANCIAMENTO (liñas de avais Ico, Igape…)
- MEDIDAS ECONÓMICAS, LABORAIS, E OUTRAS
- FISCAL
- SANITARIA (saúde laboral e prl)
- CONTRATACIÓN PÚBLICA
- GUÍAS
- DECRETOS E LEIS
- COMUNICADOS ÁS COOPERATIVAS SOCIAS
Tes unha consulta?
Podedes contactar coa Unión de Cooperativas EspazoCoop e formularnos consultas en relación a este tema a través do formulario que habilitamos:
CONSULTAS neste enlace
Responderemos o antes posible, na medida que a información a trasladarvos sexa tratada e o máis veraz posible.
Material informativo de interese
COOPERATIVAS |
Nota informativa | Sobre o Real Decreto Lei 8/2021 de medidas urxentes na orden sanitaria, social e xurisdiccional, a aplicar trala finalización da vixencia do estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 | 5 de maio 2021
Destacar a flexibilización temporal do uso do Fondo de educación e promoción das cooperativas, responde tamén á finalidade de paliar os efectos da COVID-19.
- Nota informativa neste enlace
Lei 3/2021, pola que se adoptan medidas complementarias, no ámbito laboral, para paliar os efectos derivados da COVID-19| 12 de abril 2021.
Destacar que entre as diversas medidas, se prevé, para o caso das sociedades cooperativas que, cando por falta de medios adecuados ou suficientes, a Asemblea Xeral das mesmas non poida ser convocada para a súa celebración a través de medios virtuais, o Consello Reitor poda asumir a competencia para aprobar a suspensión total ou parcial da prestación de traballo das súas socias e socios e emitir a correspondente certificación para a súa tramitación, nos termos previstos nos artigos 22 e 23 do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer frente ao impacto económico e social da Covid19.
En concreto no artigo 4. Medida extraordinaria aplicable ás sociedades cooperativas para a adopción de acordos nos procedementos de suspensión total e/ou parcial, nos termos previstos nos artigos 22 e 23 do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo.
Notas informativas | Sobre Real Decreto-lei 2/2021, de 26 de xaneiro de 2021, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego, de 26 de xaneiro:
Este Decreto aproba a prórroga dos ERTE e de Axudas a autónomas/os ata o 31 de maio de 2021. Inclúe referencias á economía social e as cooperativas de traballo.
- Nota informativa 1, neste enlace
- Nota informativa 2, neste enlace
28 de xaneiro 2021
Nota informativa | Sobre o Real Decreto-lei 30/2020 de medidas en defensa do emprego, de 29 de setembro, neste enlace | 30 de Setembro 2020
Este Decreto aproba a prórroga dos ERTE e de Axudas aos traballadores/as por conta propia ata o 31 de xaneiro de 2021, así como a otra serie de medidas de carácter social, vinculadas ao emprego.
*Máis información no apartado ERTES desta sección.
Medidas do RDL 24/2020 útiles para cooperativas (Vía Coceta), neste enlace | 28 de Xuño 2020
Nota informativa | Sobre o Real Decreto-lei 24/2020, de 27 de xuño, polo que se adoptan medidas sociais de reactivación
do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial, neste enlace | 28 de Xuño 2020
Este Decreto aproba a prórroga dos ERTE e as Axudas a Autónomas-os ata o 30 de setembro de 2020.
Procedementos do Rexistro de Cooperativas que se reactivan. Anexo IV, neste enlace | 11 de Maio 2020
Reactivación | Liñas de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria cuxo prazo de presentación ou período de tramitación se reactivan, neste enlace| 11 de Maio 2020
Entre outras as Subvencións para o Fomento do Emprendemento en Economía Social (programa Aprol-economía social).
Medidas do RDL 15/2020 útiles para cooperativas de traballo, neste enlace | 22 Abril 2020
- Moratorias do Arrendamento do local de negocio.
- Medidas para facilitar o axuste da economía e protexer o emprego: Art. 13. Medida extraordinaria para flexibilizar de forma temporal o uso do Fondo de Promoción e Educación das Cooperativas para paliar efectos do covid19.
- Outras
Acordo do Consello Galego de Cooperativas do 7 de abril de 2020, polo que se autorizan as cooperativas galegas a destinaren o Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo COVID-19, neste enlace | 20 Abril 2020
Guía de “Medidas Covid-19 aplicables a Autónomos e Autónomas”, elaborada polo Ministerio de Traballo e Economía Social neste enlace | 13 Abril 2020
Nota informativa | Funcionamento dos Rexistros de Cooperativas durante a vixencia do periodo de alarma polo Covid-19, neste enlace | 30 Marzo 2020
Nota informativa | Sobre aplicabilidade do Real Decreto 10/2020 ás socias traballadoras de cooperativas, polo que se regula un Permiso Retribuído Recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servicios esenciais, neste enlace | 30 Marzo 2020
Nota informativa | Sobre o Real Decreto-lei 9/2020, de 27 de marzo, polo que se adoptan medidas complementarias, no ámbito laboral, para paliar os efectos derivados do COVID-19, neste enlace | 30 Marzo 2020
Este Decreto prevé dous temas de importancia para as Cooperativas de Traballo e para as persoas que traballan nelas, ben en calidade de socias traballadoras ou de traballadoras por conta allea.
Instruccións polo Covid-19 | Axudas Fomento do Emprego en Cooperativas (Programa Aprol 2020 – Xunta de Galicia), neste enlace | 26 Marzo 2020
FAQs. Preguntas e Dúbidas Covid-19. Para Cooperativas de Traballo e Persoas Socias Traballadoras (vía Coceta), neste enlace | 24 Marzo 2020
1| Laboral – Seguridade Social – ERTEs
2| Prestación Extraordinaria RETA (Réxime Especial de Traballadores-as Autónomos-as)
3| Sobre a Situación de Persoas Socias Traballadoras
4| Cooperativas de Traballo (como Sociedade)
5| Temas Tributarios (como Cooperativa de Traballo)
Documento de FAQ en relación a Autónomas e Autónomos sobre COVID-19, en concreto sobre o Artigo 17 del Real Decreto-lei 8/2020, publicado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, neste enlace | 15 Abril 2020
Prestación Extraordinaria por cese de actividade para persoas que cotican en RETA | Novidades publicadas no RDL 13/2020 onde se inclúe unha rectificación do Artigo 17 do RDL 8/2020, neste enlace – neste enlace | 8 Abril 2020
Nota informativa | Modificación do artígo 7 | En relación coa Prestación Extraordinaria por cese de actividade neste enlace| 1 Abril 2020
Prestación Extraordinaria para Traballadoras-es e Socios/as de Cooperativas dadas de alta no Réxime de conta propia da seguridade social (RETA – Réxime Especial de Traballadoras-es Autónomas-os) en caso de que a súa actividade fora severamente afectada polas medidas tomadas por el COVID-19, neste enlace | 20 Marzo 2020
Recomendación á Tramitación dos Expedientes de Suspensión de contratos e reducción de xornada que afecten ás persoas Socias traballadoras de Cooperativas de Traballo asociado incluídas no Réxime Xeral da Seguridade Social, ou nalgúns rexímenes especiais que protexan a continxencia de desemprego, en relación á aplicación dos artigos 22 e 23 do RD-Lei 8/2020, neste enlace | 20 Marzo 2020
Contratación Pública: Artigo 34 RD Lei 8/2020. Medidas en materia de Contratación Pública para paliar as consecuencias do COVID-19, neste enlace | 18 Marzo 2020
Nota de Prensa Coceta: “Las cooperativas de Trabajo, que empleamos de forma directa a unas 300.000 personas, pedimos al Gobierno de España que no se olvide de nuestras empresas ni nos deje al margen de medidas paliativas para que de esta crisis salgamos tod@s con el mínimo impacto”. Np neste enlace | 16 Marzo 2020
Modelo de xustificante para desprazamentos de socias-os e traballadores-as por motivos laborais (individual), neste enlace
Modelo de xustificante para desprazamentos de socias-os e traballadores-as por motivos laborais (conxunto), neste enlace
16 Marzo 2020
RESOLUCIÓNS, INSTRUCCIÓNS, NOTAS INFORMATIVAS…, DA ADMINISTRACIÓN GALEGA EN ESPECIAL |
Orde que aproba o Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de saúde pública en relación con illamentos e corentenas para a prevención e o control da infección polo SARS-CoV-2 e se ditan instrucións para a tramitación dos procedementos sancionadores nestes casos, neste enlace | 31 de agosto 2020
Orde pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, neste enlace | 15 de agosto 2020
Resolución da Consellería de Sanidade, que dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, sobre determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, neste enlace | 24 de xullo 2020
—
A modificación consiste en:
“e) Recomendacións sobre reunións de grupos de persoas en espazos privados. Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene. Así mesmo, recoméndase limitar o número de asistentes aos mínimos posibles e que, en todo caso, non superen as 25 persoas”.
Resolución da Consellería de Sanidade, que dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, neste enlace – modificacións | 15 de Xuño e 29 de Xuño 2020 (modificacións)
Orde do Ministerio de Sanidade pola que se modifican diversas ordes co fin de flexibilizar determinadas restriccións de ámbito nacional e establecer as unidades territoriais que progresan ás fases 2 e 3 do Plan para a transición hacia unha nova normalidade, neste enlace | 8 de Xuño 2020
Orden do Ministerio de Sanidade para a flexibilización de determinadas restriccións de ámbito nacional establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da Fase 3 do Plan para a transición hacia unha nova normalidade, neste enlace | 30 de Maio 2020
Trátase de medidas e condicións para a desescalada en Fase 3, e inclúe:
- Medidas de hixiene e prevención nos sectores de actividade previstos nesta orde.
- Fomento dos medios non presenciais de traballo.
- Flexibilización de medidas de carácter social.
- Condicións para o desenvolvemento da actividade en establecementos e locais comerciais minoristas e de prestación de servizos asimilados.
- Condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.
- Medidas de flexibilización no ámbito da cultura (bibliotecas, museos, salas de exposicións).
- Flexibilización das medidas relativas á apertura de instalacións deportivas ao aire libre, pechadas e centros deportivos.
- Condicións para o desenvolvemento das actividades turísticas.
- Condicións para a reapertura dos centros recreativos turísticos, zoolóxicos e acuarios.
- Condicións para a celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos.
- Condicións para a realización de actividades de tempo libre dirixidas á población infantil e xuvenil.
- Condicións para o desenvolvemento de actividades na naturaleza.
- Plans específicos de seguridade, protocolos organizativos e guías.
Diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) neste enlace | 30 de Maio 2020
Entre outras,
- Acordo para a ampliación de capacidade para o consumo no local en establecementos de hostalaría e restauración do 40 % ao 50 % a partir do 1 de xuño.
Orde do Ministerio de Sanidade pola que se modifican diversas ordes para unha mellor xestión da crise sanitaria ocasionada polo Covid19 en aplicación do Plan para a transición hacia unha nova normalidade, neste enlace | 25 Maio 2020
Entre outras, as modificacións afectan á:
- Apertura de locais comerciais.
- Actividades culturais.
Acordo de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo RDL 463/2020 de 14 de marzo, neste enlace | 25 Maio 2020
Este acordo inclúe o Levantamento da Suspensión dos Prazos Administrativos e Procesais:
- Con efectos desde o 4 de xuño de 2020, derogarase a suspensión de prazos procesais.
- Con efectos desde o 1 de xuño de 2020, derogarase a suspensión de prazos administrativos. O cómputo dos prazos se reanudará, ou se reaniciará, se así se houbese previsto nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.
- Con efectos desde o 4 de xuño de 2020, derogarasea suspensión de prazos de prescripción e caducidade de dereitos e accións.
Diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), neste enlace| 19 de Maio 2020
Entre outras,
- Apertura ao público de determinados comercios e servizos, e apertura de arquivos, así como a práctica do deporte profesional e federado.
- Procedemento para a minoración na base impoñible liquidable do canon da auga e/ou coeficiente de vertedura determinada por estimación obxectiva como consecuencia da suspensión do exercicio da actividade.
- Horarios comerciais que se aplicarán na fase 2.
- Xestión da biomasa, limpeza, roza e mantemento tanto en montes e terreos forestais, ou en predios en solo rústico que alberguen especies vexetais leñosas ou herbáceas, como nos predios existentes en solo urbano, urbanizable e de núcleo rural.
- Apertura dos mercados de gando.
Diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), neste enlace | 5 de maio de 2020
Entre outros, con varios acordos de interese para o Sector Educativo e as Cooperativas de Ensino.
(Acordo do Cecop de Galicia) | Orde 4 Maio 2020 (pola que se modifica a Orde 23 Marzo)
Procedemento para a tramitación de solicitudes do subsidio excepcional por desemprego por fin de contrato temporal, regulado no artígo 33 do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, neste enlace | Resolución de 1 de maio 2020, do SEPE
Medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid19, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias, neste enlace neste enlace| Orde do 27 de abril de 2020 (pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2020)
Procedemento e modelo de comunicación dos anticipos regulados no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e diversas entidades financeiras para a formalización de anticipos de prestacións por desemprego con orixe en expedientes de regulación temporal de emprego consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19 (código de procedemento TR820X), neste enlace| Orden do 24 de abril de 2020
Orde do Ministerio de Sanidade en relación co sector da Construcción pola que se suspenden determinadas actividades relacionadas con obras de intervención en edificios existentes nas que exista risco de contaxio polo COVID-19 para persoas non relacionadas con dita actividade, neste enlace | 13 Abril 2020
Nota interpretativa para o sector industrial sobre a aplicación do Real Decreto Lei 10/2020 polo que se regula un permiso retribu