[Oferta de contratación]

Servizo de comunicación estratéxica institucional e gabinete de comunicación externa da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

 

 

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de comunicación institucional. A recepción na Unión de Cooperativas de candidaturas e propostas estará aberto dende o 23 de outubro ata o 4 de novembro de 2026 ás 14 horas. NOTA: Amplíase o prazo ata o vindeiro 13 de novembro ás 14 h. 

Obxecto do contrato: Convócase un concurso público para a contratación dun servizo para o deseño dunha comunicación estratéxica para o posicionamento público de EspazoCoop, e prestar o servizo resultante de comunicación que derive das actividades da dita planificación.

Procedemento: Procedemento aberto e simplificado de adxudicación.

Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Prazo de execución do servizo: O servizo comezará o día seguinte á comunicación da adxudicación, e estará vixente durante os anos 2026 e 2027. De ser preciso, e previo acordo mutuo entre as partes, o servizo poderá prorrogarse durante un ano máis, ata o 31 de decembro de 2028.

Presentación de ofertas: A través do correo nuria@espazo.coop, co asunto “Oferta Comunicación Institucional”.

Data límite de presentación de ofertas:  Até 4 de novembro de 2026 ás 14 horas. NOTA: Amplíase o prazo ata o vindeiro 13 de novembro ás 14 h. 

Descarga a oferta de contratación: NESTE ENLACE

**Nota aclaratoria: A presente licitación non incorpora un criterio de baremo de prezo; porén, por motivos de dispoñibilidade orzamentaria, establecerase unha horquilla máxima de 1.700€ de base ó mes, ó que se engadirá o correspondente IVA.

As propostas serán valoradas segundo a táboa de baremos publicada, considerando os seguintes:

  • O obxectivo e resultados esperados deberá estar claramente aliñado co obxecto do contrato.
  • O 64% da puntuación virá establecida, como recolle o prego, pola calidade da proposta técnica e as melloras propostas sobre a execución mínima establecida.