EspazoCoop presente no “III Encontro de Emprendemento” do Concello da Coruña

Terá lugar o sábado 28 de novembro en horario de 10:30 a 16:00 horas no CME Accede Papagaio (Praza de Papagaio), e as persoas visitantes poderán coñecer a nosa organización e os servizos de EspazoCoop no stand corporativo

 

 

III Encontro de Emprendemento do Concello da Coruña

O sábado 28 de novembro celebrarase no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio da Coruña en horario de 10:30 a 16:00 horas o III Encontro de Emprendemento organizado polo Concello da Coruña, no que EspazoCoop participa cun stand no que se exporá información e todos os servizos e recursos da Unión para a cidadanía.

Este encontro, que aspira a ser un punto de encontro e visibilización do ecosistema emprendedor da cidade, reunindo entidades de apoio ao emprendemento e proxectos empresariais nun mesmo espazo, continúa fomentando a actividade emprendedora, un reto no que o cooperativismo ten un importante papel. Ademais, concederá varios premios a proxectos emprendedores, entre as candidatas, cabe destacar que figuran dúas cooperativas, Multiplicada e O Palán.

EspazoCoop, como axente socioeconómico de Galicia e con representación no sector cooperativo da Coruña, é entidade membro do Pacto Local de Emprego, o que lle permite desenvolver diversos convenios de colaboración co Concello da Coruña dende hai máis dunha década. Neste 2026, a Unión de Cooperativas e o Concello seguen colaborando cun programa de actividades e accións a favor do cooperativismo , como é o caso do Networking Cooperativo “Tecendo Rede” previsto para o 16 de decembro e destinado a conectar o cooperativismo da Coruña (inscrición, neste enlace).

PROGRAMA DO III ENCONTRO DE EMPRENDEMENTO O SÁBADO 28 DE NOVEMBRO