A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade, sen ánimo de lucro, formado por cooperativas de distinta tipoloxía que realizan diversas actividades económicas, creada coa finalidade de:

  • Atender as necesidades das empresas asociadas.
  • Representar ao movemento cooperativo a nivel autonómico.
  • Promover nas nosas empresas e na sociedade en xeral, os valores propios da cultura solidaria que inspira os principios cooperativos.

A intercooperación é o cerne da forza do movemento cooperativo, permite defender os nosos intereses, dotarnos de servizos e recursos, mellorar a nosa xestión e dar a coñecer as actividades e produtos das nosas cooperativas socias.