Comunicado en relación coas medidas para a crise do coronavirus Covid-19

 

Prezadas/os cooperativistas,

Poñémonos en contacto con vós en relación coas consecuencias que se poden derivar da crise do Covid-19.

Tanto desde o Consello Reitor de Espazocoop como desde a equipa técnica estamos traballando para tratar, no posible, de minimizar os impactos e facer de ponte coas administracións, tanto autonómica como estatal, en todo aquilo que vos afecte: suspensión de actividades, posibles aprazamentos de pagamentos de impostos ou custos de seguridade social, financiamento para facilitar liquidez, axilidade nos expedientes de regulación temporal de emprego, etc.

O certo é que a información sucédese continuamente polo que trataremos de trasladar aquela que pode ser do voso interese sen saturarvos.

Comunicarvos que todas as actividades de formación e divulgación quedan suspendidas. Vimos, tamén, de poñer en marcha medidas de teletraballo coas que pretendemos seguir a prestarvos os servizos que podades necesitar, sempre tendo presentes as recomendacións sanitarias.

Quedamos ao voso dispor co fin de que nos trasladedes en que medida vos afecta esta crise e que necesidades específicas podedes precisar para, na medida das nosas posibilidades, tratar de axudar.Informar tamén que todas as actividades presenciais da Rede Eusumo están aprazadas, tanto as realizadas por Espazocoop como por calquera outra das entidades socias. Os acompañamentos empresariais poderán seguirse a prestar de xeito telemático: Teléfono fixo, móbiles e correo electrónico e naqueles casos que o precisen por medio de videoconferencia, skype ou semellante.

Desde a Unión seguiremos colaborando para superar este momento complicado do xeito que mellor sabemos: traballando xuntas.

Ana Olveira Blanco

Presidenta da Unión de Cooperativas Espazocoop