Convocatoria de postos na Feira do Mercado Social | Betanzos, 11 decembro

O vindeiro venres 11 de decembro Reas Galicia volve a ter unha cita fundamental coa Economía Social e Solidaria na I Feira do Mercado Social de Betanzos na Sala de Usos Múltiples do Edificio Liceo de Betanzos.

A reserva de postos (de balde) estará aberta ata o 25 de novembro, a través deste formulario: formulario de solicitude

 

 

Como ben sabedes, estas feiras son moito máis ca un espazo de venda: son a nosa mellor ferramenta para facer piña, amosar a forza da ESS no territorio, achegar os nosos produtos e servizos a quen busca un consumo consciente e seguir construíndo alianzas entre nós.

Por iso, queremos contar de forma moi especial coa presenza, enerxía e propostas das entidades socias de REAS Galicia!

Por que estar na I Feira do Mercado Social de Betanzos?

  • Visibilidade e novos públicos: O escaparate perfecto para dar a coñecer alternativas de consumo consciente, achegar a túa proposta a quen busca opcións sostibles e captar nova clientela na contorna.
  • Intercambio e rede: Unha oportunidade perfecta para coñecer novas iniciativas, compartir experiencias e tecer proxectos conxuntos.
  • Facilidades loxísticas: Participar non ten ningún custo. Ademais, a organización encargarase de facilitar os soportes expositivos de balde nun espazo totalmente acubillado.

Alén da zona de exposición e venda, a xornada contará con obradoiros e faladoiros, encontros de cooperación e un completo programa cultural e lúdico para xerar un ambiente festivo durante todo o día (de 12:00 a 20:00 h).