O paso previo para a posta en marcha dun proxecto cooperativo é que o grupo promotor leve a cabo a análise da viabilidade da idea mediante o desenvolvemento dun plan de empresa no que participe todo o grupo.

Unha vez levado a cabo este estudo (de mercado, organizativo e financeiro) e coñecendo o grupo polo miúdo as características da fórmula cooperativa, pódense iniciar os trámites para a constitución da mesma.

Así pois, a secuencia dos pasos a seguir podería ser a seguinte:

  1. Configurar un grupo promotor cooperativo.
  2. Análise da viabilidade da idea.
  3. Solicitude do nome da cooperativa.
  4. Elaboración do proxecto de estatutos sociais (con ánimo de lucro/sen ánimo de lucro)
  5. Celebración da asemblea constituínte (modelo acta)
  6. Cualificación previa do proxecto de estatutos (opcional e recomendable. Modelo solicitude cualificación previa estatutos). Acompañarase ao proxecto de estatutos certificado negativo de nome e acta de asemblea constituínte.
  7. Achegas iniciais ao capital social. Apertura dunha conta bancaria. Certificado.
  8. Escritura pública de constitución ante notario/a (aranceis bonificados segundo Disp. adicional terceira da Lei de Cooperativas de Galicia)
  9. Solicitude de CIF provisional (AEAT)
  10. Liquidación do I.T.P.A.X.D. (Exento:cota cero, Consellería de Facenda. Formulario)
  11. Solicitude de inscrición de inscrición no Rexistro de Cooperativas. (Débese pagar unha Taxa) e presentar a Declaración de inicio de actividade e CNAE.
  12. Solicitude do CIF definitivo (AEAT).
  13. Documentación social : Libro de rexistro de persoas socias – libro de actas da asemblea xeral – Libro de actas do consello reitor – outros libros. Solicitude legalización libros sociais. Taxa

  14. Resto de trámites de inicio de actividade : Declaración censal, inicio de actividade,alta na seguridade social, permiso municipal de apertura de establecemento, comunicación de apertura do centro de traballo, libros de visitas da inspección de traballo e seguridade social …