ASOCIARSE á Unión de Cooperativas EspazoCoop
ASOCIARSE dá acceso a orientación e acompañamento para crecer como cooperativa, ser parte de novas redes, promocionarvos, defender os vosos intereses, e darlle máis valor e sentido aos principios que nos unen.
O noso fin é promover o cooperativismo, consolidalo, e conectar cooperativas asociadas. Somos un espazo de participación, de información, de aprendizaxe e de proxección.
>> Presentación EspazoCoop
1| Folleto neste enlace
2| Vídeo corporativo
3| Catálogo de actividades e servizos 2023 neste enlace
4| Memoria social, última memoria dispoñible neste enlace
>> Algunhas vantaxes que podes obter ao asociarte
> Acceso á oferta de actividades e servizos para cooperativas socias
> Atopar solucións a problemas e necesidades, ou a intereses que son comúns entre asociadas
> Acadar apoio para novos proxectos cooperativos
> Defensa de intereses das cooperativas socias fronte á Administración
> Contribuír e participar na evolución, crecemento e consolidación do cooperativismo e da economía social e cooperativa
>> Como asociarse?
Se es unha cooperativa galega e queres asociarte, para formar parte da Unión de Cooperativas EspazoCoop precísase :
1| Unha Solicitude-Ficha de Datos da cooperativa cumprimentada.
Solicitude-Formulario de Datos da cooperativa en liña: aquí
2| Un Certificado da coooperativa, do acordo de incorporación á Unión de Cooperativas.
- Se o acordo é tomado por Consello Reitor, emprega este modelo
- Se o acordo é tomado por Administradora Única, emprega este modelo
- Se o acordo é tomado por Asemblea xeral, emprega este modelo
3| Escritura de constitución validada polo Rexistro de cooperativas que inclúa os Estatutos da cooperativa.
Unha copia dixital (documento escaneado).
>> Sistema de cotas
Durante 2023 as novas socias non terán que pagar a cota de asociada >> Cota Cero en 2023.
> Cooperativas de traballo || 8 €/mes
(cota básica, cooperativas de ata cinco socias)
> Cooperativas de consumo || 12,50 €/mes
(cota básica, cooperativas de ata cen socias)
> Cooperativas de servizos || 12,50 €/mes
(cota básica, cooperativas de ata cen socias)
> Cooperativas de ensino || 76 €/mes
(cota básica, cooperativas de ata cinco socias)
Lembra que as novas socias teñen Cota Cero durante 2023.
Podes consultar a información completa sobre o sistema de cota asociativa >> aquí