Accións formativas de EspazoCoop

[ Inicio en febreiro ]

A Unión de Cooperativas EspazoCoop inicia a súa Programación Formativa 2021 ofrecendo 4 cursos para o mes de Febreiro.  Os cursos previstos desenvolveranse en modalidade Teleformación, a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop.

As accións son gratuítas, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes en cada curso.

As persoas interesadas en formarse poden inscribirse ás accións previstas: Lánzate a Emprender en Cooperativa (Avanzado); Ideas Cooperativas en Acción (Avanzado); Asembleas e Xuntanzas; e Ferramentas de Financiamento Ético e Alternativo.



Lánzate a emprender en cooperativa – nivel Avanzado

| do 23 de febreiro ao 22 de marzo | 40 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe.

Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición



Ideas Cooperativas en acción – nivel Avanzado

| do 23 de febreiro ao 22 de marzo | 40 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe.

Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición



Asembleas e Reunións

| do 23 de febreiro ao 23 de marzo | 40 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe.

Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición



Ferramentas de financiamento ético e alternativo

| do 23 de febreiro ao 16 de marzo | 40 horas | 2 sesións virtuais de aprendizaxe.

Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición

 

[ Estas actividades están no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia ]