Encontros entre cooperativas

[programa #SaímosCooperando]

No marco das actividades do Programa #SaímosCooperando (mentoring para cooperativas) plantéxanse os ENCONTROS ENTRE COOPERATIVAS. As sesións, pensadas en formato telemático de curta duración, celébranse de abril a setembro de 2021.

[Encontro nº 1]

O primeiro Encontro celébrase o mércores 14 de abril de 9.30 a 11.30 horas, nel realizarase a Presentación da convocatoria do “Programa SaímosCooperando” entre outros temas de interese, como o Intercambio de Ferramentas Tecnolócias.

Programa aquí | Inscrición aquí| Cartel aquí

[Obxetivos xerais dos encontros]

Teñen un dobre propósito:

  • Buscan favorecer o coñecemento mutuo entre cooperativas que participen no programa #SaímosCooperando, potenciar a posta en común de necesidades, a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas, co fin de compartir recursos, readaptar actividades, establecer alianzas, crear redes, xerar actividade, ou intercooperar.
  • Tamén serán espazos que invitan a outras cooperativas galegas -aquelas que non pertencen á base social da Unión de Cooperativas EspazoCoop- a participar nos “Encontros entre Cooperativas”, para ter a oportunidade de coñecer de primeira man EspazoCoop e ás súas cooperativas asociadas que poderán contar e testemuñar por que é interesante asociarse. Ao mesmo tempo poden experimentar a través da asistencia á actividade como son os servizos da Unión, de cara a valoralos e tecer redes.

[Destinatarias]

Os Encontros están dirixidos a:

  • Cooperativas socias (potenciais beneficiarias de #SaimosCooperando, e outras da base social da Unión).
  • Cooperativas galegas non asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop.

[Acceso]

Gratuíto previa inscrición.

[Calendario de Encontros]

Pódese participar nun só encontro, en varios ou en todos.

  • Encontro nº 1 |  Presentación de SaímosCooperando – Intercambiando Ferramentas Tecnolóxicas | 14 de abril 2021
  • Encontro nº 2 | Practica a planificación estratéxica | 14 de maio 2021
  • Encontro nº 3 | Comparte situacións do réxime interno | 10 de xuño 2021
  • Encontro nº 4 | Pich elevator – Coopera nas túas vendas | 8 de xullo 2021
  • Encontro nº 5 | Peche do programa. Intercambia opinións | 16 de setembro 2021

Nova relacionada:

Programa Saímos Cooperando | Prazo: 21 de abril 2021


Esta actividade enmárcase:
– na Programación 2021 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
– no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020. OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.