Organigrama en Espazo Coop
A Unión de Cooperativas Espazocoop ten a mesma estrutura política e de toma de decisións que as cooperativas.
O órgano de representación e decisión é a Asemblea xeral de socias composta polas cooperativas que a integran. Esta asemblea convócase anualmente para aprobar as contas e a xestión da actividade, os orzamentos e o plan de traballo.
A asemblea delega as responsabilidades de goberno nun consello reitor elixido polas socias, a súa vez, conta coa colaboración dun equipo técnico formado por nove persoas, que desenvolven as distintas liñas de traballo acordadas.
Fai clic: Vídeo resumo Asemblea 2019
>> Consello reitor
O consello reitor é o órgano de goberno de Espazocoop. Está formado por un equipo de persoas pertencentes a cooperativas socias, elixidas en Asemblea polas asociadas, renóvase simultaneamente cada catro anos, podendo ser reelixidas por un máximo de dous mandatos para o mesmo cargo.
Presidencia | Abeluria s. coop. galega – Ana Olveira Blanco
Vicepresidencia | Adigna s. coop. galega (Colexio Abrente) – Miguel Anxo Filgueira Touriño
Secretaría | Seragro s. coop. galega – Zoilo Formoso Cancela
Vogais
- Algalia s. coop. galega – Celso Gándara
- Enérxica s. coop. galega – Pilar Lozano
- Urdime s. coop. galega – María Emilia Candal Bouzas
- Nosa Enerxía s. coop. galega – Óscar Milego Fernández
- Colexio Possumus s. coop. galega – José Carlos Freire Castroseiros
- Alén s. coop. galega – Claudia Rodríguez
>> Sectorial de Ensino
As Cooperativas de Ensino contan cunha Sectorial propia dentro da Unión. O seu representante político é un dos membros do consello reitor.
Miguel Anxo Filgueira Touriño – Adigna s. coop. galega (Colexio Abrente)
>> Sectorial de Cultura
EspazoCoop conta ademais con outra sección conformada polo grupo das Cooperativas do Sector Cultural, a súa portavoz forma parte do consello reitor.
María Emilia Candal Bouzas – Urdime s. coop. galega
>> Sectorial de Consumo
En EspazoCoop existe unha sección conformada polas cooperativas de consumo, a súa portavoz forma parte do consello reitor.
Óscar Milego Fernández – Nosa Enerxía s. coop. galega
>> Sectorial de Asesorías-Consultorías
A Unión de Cooperativas EspazoCoop conta coa sectorial conformada polo grupo das cooperativas do sector asesorías e consultorías, a súa portavoz forma parte do consello reitor.
Claudia Rodríguez – Alén s. coop. galega
>> Información das persoas que integran o consello reitor
Ana Olveira Blanco | Presidencia
Licenciada en Relacións Laborais. É socia fundadora da cooperativa Abeluria. Investigadora do sector da economía social. Traballou como técnica na Rede Eusumo (rede de fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia).
Anteriormente foi socia de 7H Cooperativa Cultural, xerenta en Sonaxe s. coop. galega e tamén estivo vinculada á Asociación de Consumidoras/es de Galicia.
Miguel Anxo Filgueira Touriño | Vicepresidencia
Diplomado en Maxisterio. É socio fundador do Colexio Abrente s. coop. galega
Foi presidente e membro do consello reitor da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (Ucetag). Tamén estivo no consello da Federación de Cooperativas Sinerxia.
Zoilo Formoso Cancela | Secretaría
É socio de Seragro s. coop. galega
Pilar Lozano | Vogal
É socia de Enérxica s. coop. galega
María Emilia Candal Bouzas | Vogal
É socia de Urdime s. coop. galega
Óscar Milego Fernández | Vogal
Óscar Milego Fernández | Socio de Nosa Enerxía s. coop. galega. Laboralmente é técnico de instalacións climáticas e
xeradores de calor térmico. Cree no cooperativismo e na participación.
Claudia Rodríguez | Vogal
Socia de Alén, s. coop. galega. Enxeñeira química cun mestrqado en negocios europeos e especializada en sustentabilidade. Conta con máis de 6 anos de experiencia nacional e internacional en planificación financeira e comercial, especializándose en desenvolvemento de negocio e análise para toma de decisions. Cunha forte orientación a resultados e negocios, é responsable de xestión e analítica.
José Carlos Freire Castroseiros | Vogal
É socio do Colexio Possumus s. coop. galega, onde traballa como docente.
Celso Gándara | Vogal
É socio e xerente en Algalia s. coop. galega