Xornada de Peche e Presentación de Resultados do proxecto ES-Factory
A Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro (UTAD) organiza a xornada final do proxecto ES-Factory: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas economías emerxentes.
A cita terá lugar o vindeiro luns 23 de novembro en Vila Real (Portugal) para presentar os resultados de dito proxecto.
Dende a Unión de Cooperativas de EspazoCoop asistirá a Directora Xerente Lucía Mendoza que ademais intervirá na mesa redonda: “Casos de éxito e boas prácticas”, compartindo espazo xunto ao resto de socios de ES-Factory para expoñer os logros acadados, os produtos realizados, e o alcance da acción desenvolvida por EspazoCoop, con especial atención ás achegas ó fortalecemento sectorial no cooperativismo (sector dos coidados e sector cultural), do impacto na mocidade do modelo cooperativo, e a nivel transversal, da posta en valor da economía social a través de ferramentas específicas para implantar os ODS, entre outras aportacións que serán presentadas na xornada.
O ES-Factory é un proxecto transfronteirizo entre a Galiza e o Norte de Portugal que busca impulsar o emprego de calidade e consolidar iniciativas na economía social en novas actividades emerxentes no que EspazoCoop participa como socia galega.

Cartaz / Programa [PDF]
O proxecto 0259_ES_FACTORY_1_E está cofinanciado polo FEDER no ámbito do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.
Leave A Comment