Networking Cooperativo “Tecendo Rede”

 

 

EspazoCoop, en colaboración co Concello da Coruña, organiza o vindeiro 16 de decembro de 2026 o Encontro Networking cooperativo “Tecendo Redes”, de 10 a 13 h, cuxos obxectivos son: fomentar o coñecemento mutuo e os vínculos entre cooperativas do territorio, explorar posibles sinerxías e vías de colaboración realistas reflexionando colectivamente.

A partires das 12:45 servirase un petisco para continuar co networking informal. Esperámoste no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio da Coruña, xa podes reservar a túa praza: neste enlace

O encontro será presentado por unha técnica de EspazoCoop, e conducido por unha cooperativa con experiencia en dinamización de grupos, cooperativismo e economía social, o que conleva un acompañamento práctico, dinámico e orientado a resultados reais.

Programa: neste enlace

Trátase dunha actividade de dinamización do tecido cooperativo no Centro Municipal de Empresas ACCEDE Papagaio, no marco do convenio de colaboración 2026 entre a Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña.