O obxecto da Unión é a defensa dos intereses socioeconómicos das cooperativas asociadas, xunto coa promoción de todo canto contribúa a fomentar o prestixio da mesma, a unificación de políticas e de criterios, a harmonía e o espírito societario e a mellora do nivel profesional e humano.
Os fins específicos da Unión, son os seguintes:
- A representación e defensa dos intereses colectivos das cooperativas asociadas, ante todo tipo de persoas, entidades e organismos públicos e privados.
- Fomentar o cooperativismo.
- Reclamar ós poderes públicos unha atención e colaboración preferente co sector cooperativo, para acadar un mellor desenvolvemento social e empresarial.
- Informar, asesorar e negociar coas administracións públicas sobre a elaboración, desenvolvemento, aplicación e modificación de cantas disposicións poidan ditarse que afecten ás empresas cooperativas.
- Promover a colaboración con organismos e institucións oficiais e con outras asociacións de carácter político, sindical, empresarial ou cultural en cantos asuntos se estimen oportunos.
- Establecer, manter e fomentar contactos e colaboración con entidades autonómicas, estatais e internacionais de natureza cooperativa.
- Informar e asesorar ás cooperativas asociadas de calquera asunto de interese na forma e condicións que regulamentariamente se determinen establecendo un fluxo de información regular e completo, tanto a nivel interno como externo.
- Promover o intercambio de información entre as cooperativas asociadas sobre asuntos que sexan de interese, para o mellor desenvolvemento das súas actividades.
- Promover e coordinar a formación cooperativa, empresarial e ocupacional nas cooperativas.
- Fomentar a toma de conciencia e apoiar a igualdade de oportunidades e a integración social de calquera colectivo en risco de exclusión, na comunidade en xeral e no cooperativismo de traballo asociado en particular.
- Fomentar un novo cooperativismo anovador, con presenza en sectores emerxentes, incentivando empresas de alto valor engadido e novas tecnoloxías.
- Prestar ás súas cooperativas asociadas os servizos de asesoramento e xestión que sexan solicitados e aprobados pola Asemblea Xeral.
- Calquera outro que sexa conforme coa defensa e desenvolvemento desta Unión de Cooperativas.
Agás a representación e defensa dos intereses comúns, ningún outro servizo pode serlle imposto ás cooperativas asociadas, rexendo a este respecto o principio de participación voluntaria das mesmas.