MISIÓN
A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxetivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperavismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.
VISIÓN
Espazocoop aspira a ser a entidade de referencia no ámbito do cooperativismo galego, no marco da economía social e solidaria, con vocación de influencia na sociedade e de transformación social, consolidando os valores e principios cooperativos e colaborando na consecución dunha economía baseada na primacía das persoas, o desenvolvemento sostible e a responsabilidade social.
VALORES
A unión de cooperativas ten como referencia e marco de funcionamento os seguintes principios e valores compartidos, que forman parte da súa cultura e identidade:
- Aberta e non discriminatoria.
- Autonomía e independencia.
- Proactividade e participación.
- Interese pola comunidade, responsabilidade social e sustentabilidade.
- Solidariedade, cooperación, axuda mutua, traballo digno e en equipo, colaboración e intercooperación.
- Empatía coas persoas e entidades usuarias, cercanía e proximidade.
- Franqueza, honestidade, transparencia e xestión ética.
- Innovación, mellora continua e excelencia.
- Autoestima.
- Formación continua.
- Igualdade de xénero.
- Defensa da cultura e da lingua galega.