Sensibilización para o Emprendemento Cooperativo

[2026]

 

 

 

 

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre alternativas de autoemprego e emprendemento en colectivo. A través dun programa de sensibilización achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades, condicións, e as potencialidades deste modelo de empresa. Ademais, co coñecemento eliminamos prexuízos e desinformacións sobre o cooperativismo, e promovemos unha mentalidade de colaboración e traballo en equipo.

A programación 2026-2027 da Unión de Cooperativas EspazoCoop realízase en colaboración coa Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e o Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo FSE Plus, Proxecto EspazoCoop Emprende.

O programa de sensibilización contempla a impartición de 6 charlas divulgativas tituladas “E ti, coñeces a fórmula?” destinadas a aumentar o coñecemento e a comprensión sobre os valores e vantaxes do emprendemento en cooperativa, así como concienciar á xente sobre a súa relevancia para fomentar a economía local e o empoderamento das comunidades e colectivos, especialmente no rural, para mulleres e entre a mocidade, por ser unha ferramenta idónea nos procesos de participación e colaborativos.

Coas charlas cubriremos os seguintes obxectivos:

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar cómo o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Axenda de sesións programadas

Marzo 2026

  • 23 de marzo 2026 en Pontevedra | E ti, Coñeces a Fórmula? |  | De 09:30 a 12.00 h. | Escola Superior de Conservación e Restauración Bens Culturais de Pontevedra | Rúa Xeneral Martitegui, 1, Pontevedra

Abril 2026

  • 27 de abril 2026 en Ribeira | E ti, Coñeces a Fórmula? |  | De 09:40 a 13.00 h. | IES Leliadoura | Ribeira
  • 30 de abril 2026 en Sanxenxo | E ti, Coñeces a Fórmula? | De 17.30 a 20.30 h. | En colaboración coa Asociación Sabia Vella | Sanxenxo

Xuño 2026

  • 19 de xuño 2026 en Ribeira | E ti, Coñeces a Fórmula? |  De 9:30 a 13:30 h. |Programa Integrado de Emprego, Viveiro de Empresas | Lugar de Aldea Fafián 29, Ribeira

Máis información: contacta a través de 697 877 773 – patane@espazo.coop


Este programa enmárcase:

– No programa de actuación 2026-2027 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social.

– Programa de Empleo, Formación, Educación y Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.