EspazoCoop Emprende

EspazoCoop Emprende2026-01-23T12:46:00+01:00

EspazoCoop Emprende

O teu futuro é cooperativa

O teu futuro é cooperativa

EspazoCoop Emprende é unha iniciativa para impulsar o emprendemento cooperativo en Galicia.

En EspazoCoop Emprende apoiamos a creación de emprego ata o ano 2029. A través desta iniciativa, desde a Unión de Cooperativas EspazoCoop comprometémonos a impulsar o emprendemento cooperativo en Galicia. Se estás pensando en montar unha empresa, unha cooperativa e non sabes como, nós colaboramos contigo desde os comezos. O teu futuro é cooperativa!

Descarga o folleto informativo

Preme na imaxe e descarga o folleto

Servizos de EspazoCoop Emprende

  • Apoio ás novas cooperativas
  • Aumento de competencias
  • Capacitación

  • Consolidación

Apoio ás novas cooperativas

Brindamos asesoramento personalizado para os grupos de persoas interesadas en iniciar novos proxectos cooperativos. Desde a definición da idea de negocio ata a constitución e posta en funcionamento da cooperativa.

Aumento de competencias

Mediante EspazoCoop Emprende fortalecemos as habilidades emprendedoras e garantimos a supervivencia empresarial para enfrontar os desafíos do mundo cooperativo con confianza e éxito.

Capacitación

En EspazoCoop Emprende ofrecemos unha ampla variedade de ferramentas e recursos formativos para a xestión empresarial, e o acompañamento na xestión de trámites, desde a inscrición ata a xestión de axudas.

Consolidación

Non nos detemos unha vez que a cooperativa está en marcha. Durante os primeiros 18 meses de vida, continuamos brindando soporte para garantir a súa consolidación e crecemento sostible no mercado e medrar xuntas.

Galería multimedia

Coñece o programa EspazoCoop Emprende para emprender en cooperativa

📣 Que é EspazoCoop Emprende?
🎥 Neste breve vídeo de pouco máis dun minuto, explicamos todo sobre o noso programa e como podemos axudarte a emprender en cooperativa.
👉 Non esquezas subscribirte para máis contido sobre emprendemento e cooperativas.

Presentación EspazoCoop Emprende

No mes de maio de 2024 presentamos EspazoCoop Emprende, unha iniciativa para fomentar o emprendemento cooperativo e a creación de emprego en Galicia. Coa presenza de CEPES e cooperativas participantes nos programas de emprendemento de EspazoCoop.

Xornada para impulsar o cooperativismo EspazoCoop – Pont Up Store Pontevedra 2025

Xornada organizada por EspazoCoop e Pont Up Store para dar a coñecer as oportunidades do modelo cooperativo como fórmula emprendedora viable, sostible e innovadora. O evento celebrouse o 19 de setembro de 2025 no Teatro Principal de Pontevedra, enmarcado na Feira de Emprendemento Pont Up Store.

Novas

Casos de éxito

  • Entrevista a Mecanigal S. Coop. Galega           Como xorde MecaniGal e que necesidades detectastes no sector do mecanizado de precisión para decidirvos a crear a vosa propia cooperativa? Somos tres socios fundadores os que formamos parte de MecaniGal; os tres coincidimos [...]

    emprendemento,emprendemento cooperativo,Mecanigal

  • Que é exactamente o acompañamento en EspazoCoop Emprende? O acompañamento en EspazoCoop Emprende, programa de apoio ao emprendemento cooperativo impulsado por EspazoCoop, é un proceso integral no que axudamos ás persoas emprendedoras a converter unha idea nun proxecto cooperativo viable e sostible. Non é só [...]

  • Entrevista a Terra Adestramento e Saúde S. Coop. Galega Xuvenil           Como xorde Terra, adestramento e saúde e que necesidade queriades cubrir cando comezastes o proxecto? Terra xorde nunha post cena navideña de antigos compañeiros de CCAFD en decembro do 2023. [...]

    emprendemento,emprendemento cooperativo,Terra

  • Cal foi a motivación principal para iniciar a vosa empresa cooperativa?  A motivación naceu da nosa propia experiencia profesional. Levabamos anos traballando con persoas neurodiversas e coas súas familias, e víamos sempre a mesma realidade: cando remataba a intervención profesional, o desgaste das familias continuaba, [...]

    Elefantes Rosas,emprendemento,emprendemento cooperativo

  • Magia en la manga

    Proporcionáronnos unha guía imprescindible e un acompañamento incalculable en todo o proceso de creación da cooperativa.

    Magia en la manga

  • Proporcionáronnos unha guía imprescindible e un acompañamento incalculable en todo o proceso de creación da cooperativa.

    A Feroz

  • Os programas de EspazoCoop foron fundamentais para nós. O apoio recibido axudounos a superar os retos para converter a nosa idea en negocio

    Moira

Contacta

Contacta agora e descobre como podemos axudarte a facer realidade o teu soño emprendedor!

981 575 578

info@espazo.coop

programa ÉFESO

EspazoCoop Emprende conta con financiamento do Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES, no marco do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO). Esta iniciativa ten como obxectivo aumentar as competencias emprendedoras e incrementar o número de empresas e iniciativas de autoemprego colectivo creadas baixo fórmulas de economía social, así como sentar as bases para a súa supervivencia a través de servizos de apoio e asesoramento ao emprendemento.

Contactar

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop

Tel.: 981 575 578
Correo: info@espazo.coop

Horario:
De 8.30 a 16.30 h. (de luns a xoves)
De 8.30 a 15.30 h. (venres)

Facebook

Twitter

Go to Top