O 15º Foro de Investigación Xuvenil, impulsado dende o cooperativismo de ensino, acolle a centros de Galicia, Cataluña e Euskadi

Do 19 ao 21 de novembro celébrase o Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil 2026 na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, que este ano chega a súa edición número quince.

No evento colabora EspazoCoop a través da súa Sectorial de Cooperativas de Ensino.

O Foro de 2026, que se celebra baixo o lema “Se non podes explicalo de xeito sinselo, e que aínda non o entendes”, é unha iniciativa colaborativa, promovida pola escola cooperativa Colexio Plurilingüe Alborada de Vigo, Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior e o Institut El Cairat de Barcelona, xunto co Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

Na súa 15 edición contará coa participación de 155 escolares de educación secundaria, pertencentes a 11 centros de ensino de Galicia, Cataluña e Euskadi, entre eles dúas cooperativas de ensino membros da Unión de Cooperativas EspazoCoop:

  • Colexio Plurilingüe Alborada – Claimo S. Coop. Galega | Vigo (Pontevedra)
  • Colexio Santiago Apóstol S. Coop. Galega | Soutomaior (Pontevedra)

Ademais dos centros, CPI Uxío Novoneira de Pedrafita (Lugo), La Salle (Bilbao), Instituto El Cairat de Esparraguera (Barcelona), CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel (Lugo), CPR San José-Josefinas Ourense (Ourense), Colegio Los Sauces (Pontevedra), IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín (Pontevedra), IES A Guía de Vigo (Pontevedra), CIP Virxe dos Remedios (Castro Caldelas) e o Institut Carles Vallbona (Granollers).

O Foro de investigación naceu pola iniciativa dos centros educativos, entre os que se atopan as cooperativas de ensino, na procura da promoción da investigación, o traballo en equipo, o intercambio, e a divulgación investigadora entre o alumnado para adquirir as competencias básicas e motivalo no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas, e doutros ámbitos, ademais de difundir a experiencia á comunidade escolar e estimulala a que se sume a este tipo de actividades.

Que outros obxectivos ten?

  • Potenciar a investigación do alumnado de secundaria e metodoloxías que promovan a análise, a creatividade e o inxeñio.
  • Fomentar a investigación como metodoloxía.
  • Impulsar a difusión do seus resultados e a comunicación da ciencia.
  • Introducir dinámicas que potencien o interese pola ciencia en xeral.
  • Propiciar o acercamento das diferentes comunidades autónomas e países e o fomento da convivencia entre mozos e mozas de diferentes lugares.

No concreto o Foro celébrase para divulgar traballos de investigación, estes traballos serán expostos mediante presentación co apoio tecnolóxico que precise o grupo de alumnas/os participante. A metodoloxía empregada para esta iniciativa promove que ao longo do curso escolar se traballe en equipos, baixo a dirección e acompañamento do profesorado dos centros. Neste Foro presentan os traballos realizados, con actitude crítica e opinións encontradas ao redor da investigación científica, exporán e transmitirán todo o proceso realizado e as problemáticas atopadas no mesmo. Traballan solidariamente nos equipos con compromiso e practicando a cooperación, fomentando este tipo de relacións e de traballo.

Cartel, 15ª edición > Cartel do Foro

Programa do Foro

A Inauguración do evento terá lugar o xoves 19 de novembro a partir das 16 h. na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, coa participación de:

  • José Luis Vázquez López, Presidente do Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT), Vicepresidente de Antigos Alumnos/as da Universidade de Vigo e Director das revistas: científica Investigación Cultura, Ciencia e Tecnoloxía, e a universitaria Tres Campus.
  • José Fariña Rodríguez, Director da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
  • María África González Fernández, Doctora en Mediciña e Cirurxía. Catedrática de Inmonoloxía da Universidade de Vigo. Medalla de Honra do Instituto de Cultura, Ciencia e Tecnoloxía (ICCT).

No Programa previsto destaca a variedade de ámbitos temáticos con 27 relatorios de investigación e 17 proxectos de exposición de traballos:

A Clausura e entrega de diplomas terá lugar o venres 20 de novembro ás 18 h., contará coa participación do representante de EspazoCoop, Miguel Anxo Filgueira Touriño, vicepresidente e responsable da Sectorial de Ensino:

  • José Luis Vázquez López, Presidente do Instituto de Cultura, Ciencia e Tecnoloxía (ICCT).
  • Miguel Anxo Filgueira Touriño, Vicepresidente da Unión de Cooperativas EspazoCoop e Presidente da Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (ACES-Galicia).
  • Jesús Souza Troncoso. Catedrático de Zooloxía da Universidade de Vigo. Vicepresidente 2º do ICCT.
  • José Fariña Rodríguez, Director da Escola de Enxeñería Industiral da Universidade de Vigo.

O día 21 de novembro está destinado a que os centros e as persoas participantes no Foro gocen de actividades lúdicas e culturais, este ano está prevista unha visita á vila de Pontevedra para coñecer o seu centro histórico, á que se desprazarán en barco dende Vigo a Cangas do Morrazo, e dende esta localidade en autobús ata Pontevedra.