ES-FACTORY celebra en Santiago de Compostela a xornada «Resultados que conectan oportunidades»
A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais convoca os proxectos participantes nas redes de aceleradoras de ES-FACTORY a un encontro de networking e mostra de resultados o próximo 26 de novembro.
A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, organiza o xoves 26 de novembro de 2026, en Santiago de Compostela, a xornada «Resultados que conectan oportunidades».
O encontro está dirixido aos proxectos participantes nas redes de aceleradoras de ES-FACTORY, a rede de aceleradoras de economía social de Galicia e Norte de Portugal. A xornada combina networking e mostra de resultados do proxecto POCTEP ES-FACTORY. Os proxectos invitados poderán presentar as súas iniciativas, compartir as súas necesidades e conectar con outros proxectos e entidades de apoio do ecosistema da economía social. Tamén coñecerán os resultados e aprendizaxes obtidos ao longo do proxecto.
Programa
11.45 h· Recepción de asistentes
12.00 h· Apertura e benvida
12.10 h· ES-Factory conecta. Dinámica networking
13.15 h· Resultados obtidos e aprendizaxes
13.30 h· Peche institucional
13.35 h· Aperitivo networking
Agradécese confirmar a asistencia a través do seguinte formulario.
Leave A Comment