Programa de Intercooperación EspazoCoop [2026-2027]
A Unión de Cooperativas EspazoCoop, co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia, desenvolve o programa de impulso de procesos de intercooperación. A través do mesmo estimula a práctica da colaboración e as alianzas como principio cooperativo fundamental que distingue a economía cooperativa, sumando valor, diferenciándose doutras formas de economía.
Neste marco o vindeiro venres 27 de febreiro de 2026 celébrase o encontro “Intercooperación Multisectorial” no Edificio Cersia-Empresa de Santiago de Compostela, de 12 a 14 h. e de 16 a 18 h., na rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n.
Obxectivos do Encontro
Establecer obxectivos, prioridades e calendarización de actividades para a elaboración do plan estratéxico de EspazoCoop para o período 2026-2029.
Xerar un espazo de coñecemento mutuo e promoción de posibles accións de cooperación entre as entidades e persoas participantes no Encontro.
Programa
MAÑÁ
12:00 h – Benvida e presentación do Encontro e do Programa de Intercooperación
12:15 h – Constitución dos grupos de traballo, establecemento da metodoloxía operativa e dos obxectivos a acadar
12:25 h – Reflexións en grupos de traballo
13:40 h – Posta en común de achegas e elaboración de conclusións finais
14:00 h – Remate sesión matinal
—
TARDE
16:00 h – Benvida e presentación do Encontro e do Programa de Intercooperación
16:15 h – Constitución dos grupos de traballo, establecemento da metodoloxía operativa e dos obxectivos a acadar
16:25 h – Reflexións en grupos de traballo
17:40 h – Posta en común de achegas e elaboración de conclusións finais
18:00 h – Remate sesión vespertina
Destinatarias
Persoas socias de cooperativas.