Outonos Cooperativos 2026 | 15-16 decembro
Chega unha nova entrega de Outonos Cooperativos da man do Consello Galego de Cooperativas, en colaboración coa Xunta de Galicia.
Un ano máis, dende o Cogaco e a Xunta de Galicia póñense en marcha os Outonos Cooperativos, que nesta edición terán lugar os días 15 e 16 de decembro cunha proposta centrada nas experiencias e historias de vida das persoas que forman parte do cooperativismo galego.
Os ‘Outonos Cooperativos’ son encontros inspiradores para visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no territorio galego.
Nesta ocasión celebraranse dous encontros nos que combinaremos a visita a cooperativas de referencia, historias de vida en primeira persoa e a participación de iniciativas cooperativas máis novas:
- 15 de decembro, ás 12:00 h | Casas do Maior (O Ézaro, Dumbría), coa participación de Atoupa, cooperativa xuvenil de innovación social.
- 16 de decembro, ás 12:00 h | Condes de Albarei (Castrelo, Cambados), coa participación de Despunte, cooperativa de deseño e enxeñería.
Enlace de inscrición: https://forms.gle/daWLKMgeZQ2gaehW6
Para máis información pódese consultar o dossier dos Outonos Cooperativos neste enlace
Leave A Comment