Xornada 7 de xullo de 2026
+COOP: creamos cooperativas
A Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración coa Rede Eusumo (Xunta de Galicia), Cepes e o FSE+, desenvolve o PROGRAMA +COOP que presta apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder a emprego a través da fórmula do autoemprego colectivo.
+COOP ofrece servizos de orientación, asesoramento e acompañamento especializado a aqueles grupos de persoas que queren emprender, para facer das súas ideas de negocio e da súa actividade profesional, proxectos cooperativos viables, económica e societariamente.
Os procesos de atención a usurias realizados pola Unión de Cooperativas, son reflexivos e participados, e pasan por distintas etapas antes da constitución da cooperativa, dependendo do grao de maduración do grupo emprendedor e do proxecto, polo que deseña un itinerario personalizado, a medida das necesidades.
Sendo EspazoCooop unha entidade de referencia en Galicia na promoción das cooperativas, e un dos puntos fundamentais aos que acodir para coñecer como poñer en marcha unha empresa deste tipo, o persoal técnico dá o soporte axeitado nas primeiras etapas de vida, axuda a constituíla, a consolidarse, e facilita a opción de formar parte dun grupo amplo de cooperativas coas que poder colaborar e xerar negocio, asociándose á Unión, que ademais, defenderá os seus intereses como entidade representativa que é do cooperativismo galego.
As singularidades das cooperativas como empresas de participación e xestión democrática requiren de apoios que sexan verdadeiramente coñecedores desta fórmula empresarial para darlle as claves oportunas ao grupo emprendedor.
O vindeiro martes 7 de xullo ás 10 horas na cooperativa Anacos Educativos na Estrada terá lugar a xornada +COOP: CREAMOS COOPERATIVAS, edición 2025-2026, para dar a coñecer o programa, visibilizar os resultados do asesoramento a grupos emprendedores e intercambiar experiencias, coa finalidade de incentivar o espírito empendedor e o coñecemento mutuo entre as participantes:
Lugar: Anacos Educativos S. Coop. Galega | Rúa Baiuca, 2 baixo, 36680. A Estrada
Data e horario: Martes 7 de xullo de 2026 | De 10.00 a 15.00 h.
Destinatarias:
- Cooperativas e grupos pre-cooperativos beneficiarias do programa.
- Persoas con idea de emprender en colectivo.
- Persoal técnico de servizos de emprego e emprendemento: técnicas/os de emprego, axentes de desenvolvemento local, profesionais de asesorías e xestorías, profesorado de formación profesional, orientadoras/es laborais…
- Cooperativas de recente constitución non socias.
Programa
10.00 h. RECEPCIÓN DE ASISTENTES
10.30 h. BENVIDA E PRESENTACIÓN
> Representante da Unión de Cooperativas EspazoCoop
> Anacos Educativos S. Coop. Galega – Cooperativa anfitrioa
11.00 h. LIÑAS DE APOIO E RECURSOS PARA O EMPRENDEMENTO EN COOPERATIVA
>Persoal técnico de EspazoCoop
11.30 h. COLOQUIO – OS RETOS DE EMPRENDER EN COOPERATIVA: LUCES E SOMBRAS
> Persoal técnico de EspazoCoop
11.45 h. CAFÉ – NETWORKING
12.30 h. RESULTADOS DO PROGRAMA +COOP
> Persoal técnico de EspazoCoop
13.00 h. MESA REDONDA DE GRUPOS E COOPERATIVAS BENEFICIARIAS DO PROGRAMA
> Centro Tea, proxecto de emprendemento cooperativo (coidados)
> Synapse Profesional, S.Coop. Galega (peritaxe xudicial)
> Aira Vella, S. Coop. Galega (xestión cultural)
> Caramuxo, S. Coop. Galega (consultoría marítima e pesqueira)
14.45 h. PECHE DA XORNADA
> Lucía Seoane Rosende, Concelleira de Cultura, Lingua, Xuventude, Emprego e apoio ó Rural do Concello de A Estrada
> Representante da Unión de Cooperativas EspazoCoop
Inscrición
> Inscríbete: NESTE ENLACE
Esperámoste! na xornada de intercambio para compartir ideas e recursos, mostrar boas prácticas de creación de emprego, e facer rede!

Máis información de +COOP 2025-2026:
Este programa enmárcase:
– No programa de actuación 2025-2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social.
– Programa de Empleo, Formación, Educación y Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.

Leave A Comment