ES-Transforma 2026: axudas para apoiar a transformación de negocios en cooperativas
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2026.
Cal é a finalidade destas axudas?
Apoiar a creación de cooperativas e sociedades laborais, por persoas traballadoras de entidades con negocios en crise ou sen remuda xeracional, por persoas traballadoras autónomas ou mediante a transformación de todo tipo de sociedades, incluídas as cooperativas xuvenís.
Que entidades poden ser beneficiarias?
As cooperativas e sociedades laborais creadas nos tres anos anteriores á data da presentación da solicitude, que xurdan dalgún dos procesos regulados no número 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos números 2 e 3 do mesmo artigo.
Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dalgún dos seguintes procesos:
- Constitución por ausencia de remuda xeracional.
- Constitución por persoas autónomas.
- Constitución por transformación.
Cales son os conceptos subvencionables?
- Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legalmente preceptivos para o proceso de transformación.
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Obtención de certificacións de calidade.
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Plan de protección de datos.
- Equipamento informático.
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
- Mellora na eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipamento.
- Reforma do local de negocio.
- Mobiliario.
- Elementos de transporte.
- Aluguamento do local do centro de traballo.
- Seguro de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación do centro de traballo.
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de setembro de 2026.
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.
Leave A Comment