Nova edición dos “Cafés con aroma a … Economía Social” do Foroesgal

Nova edición dos “Cafés con aroma a … Economía Social” do Foroesgal

Neste encontro organizado por FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega, daranse cita representantes de empresas e organizacións da economía social, representantes da Xunta de Galicia, e os relatores convidados do Centro Cooperativo de Mondragón e o Consejo Económico y Social de España.

O Foro celebrará este almorzo informativo o venres 19 de xaneiro no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela, este evento constitúe unha das citas relevantes da economía social de Galicia. Estes encontros teñen por obxectivo incrementar a identidade das empresas de economía social, ademais de analizar como os seus valores e principios poden formar parte das vantaxes de cada empresa.

O Foro pola Economía Social Galega, reunirá ao sector da economía social para poñela en valor publicamente, os Cafés configurándose ademais como un espazo de intercambio para a colaboración, o coñecemento, as relacións e a intercooperación.

Foroesgal convida a asistir e participar ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop aos Cafés que terá lugar o venres 19 de xaneiro a partir das 9 h. no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela (rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n).

O programa iniciará coa Inauguración, a cargo do Presidente de FOROESGAL, Celso Gándara Carneiro.

A continuación o Relatorio  “Economía Social, o terceiro pilar da prosperidade dun país” con Antón Costas, Presidente do Consejo Económico e Social de España.

A seguir, o segundo Relatorio  “Persoas, liderado, participación e futuro” con Zigor Ezpeleta, Director de Xestión Social do Centro Cooperativo de Mondragón.

A partir das 11.30 h. está prevista a Clausura por parte da Conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Elena Rivó López.

[ INSCRICIÓN ]

É necesaria a inscrición previa, no seguinte enlace podedes formalizada en liña:
INSCRICIÓN (prazo ata o 17 de xaneiro).

Estes encontros son importantes para o tecido cooperativo xa que permitirán facer relacións, intercooperar, e intercambiar impresións, resultando enriquecedor cando as persoas proceden de distintos ámbitos aínda que todas teñan unha identidade común, a economía social.

 

2024-01-22T11:21:02+01:004/01/2024|Rede Eusumo|Comentarios desactivados en Nova edición dos “Cafés con aroma a … Economía Social” do Foroesgal

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma