O Cooperativismo chegou a 450 estudantes dos centros de ensino da Coruña da man de EspazoCoop

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña colaboraron un ano máis para ofertar un Programa de actividades en Centros de Ensino do concello co obxetivo de fomentar o Cooperativismo, dando a coñecer a idoneidade da fórmula cooperativa como unha vía de acceso ao emprego, neste caso mediante o autoemprego colectivo e un modelo empresarial de economía social, a máis de 450 estudantes.

O Ensino Secundario é un dos ámbitos da nosa sociedade nos que compre incorporar programas sobre adquisición de competencias e aptitudes cooperativas emprendedoras contribuíndo a complementar a oferta educativa dos centros.

Neste contexto EspazoCoop celebrou 26 actividades de setembro a decembro deste ano, e 4 tipos de propostas que incluíron Charlas informativas, Táboas redondas, Visitas, e Escapes Rooms.

  • As Charlas informativas “E ti, coñeces a fórmula?” para alumnado de centros de ensino secundario e formación profesional da cidade da Coruña. Como novidade neste ano incorporouse a participación dunha persoa socia cooperativista en cada Charla. Realizáronse 15 edicións, nos centros: Grande Obra Atocha, CIFP Someso, IES Imaxe e Son, e IES Rosalía Mera, acadando unha participaron máis de 250 persoas.
  • Táboas redondas “Montar unha cooperativa é unha boa opción”, sesións onde socias de cooperativas das familias profesionais vinculadas aos centros de ensino participantes presentan os seus proxectos e establecen un diálogo co alumnado para resolver as dúbidas e atender as consultas que se produzan. Achégase tamén información de interese relacionada co emprendemento cooperativo. Realizáronse 4 edicións nos centros: Ángel Casal, Grande Obra Atocha, Paseo das Pontes e Rosalía Mera, nos que interviron 8 cooperativas: Educaalecrín, Fillotiñas, Caixa Titiripaca, Simbiosis, Falar a Mare, Das Aradas, Manchea e Sacauntos. Coas Táboas chegouse a 70 alumnas e alumnos.
  • Visitas “Coñece as cooperativas” para dar a coñecer ao alumnado dos centros cooperativas da cidade da Coruña. Tomando como punto de partida o Centro de Empresas Accede Papagaio e visitando varias cooperativas na contorna. Realizaremos 2 edicións nas que participaron 49 alumnas e alumnos dos centros: IES Fernando Wirtz e IES Urbano Lugrís, que visitaron ás cooperativas Alén, Verso Libre, e Laboratorio Escénico.
  • Escape Room “Desafío Cooperativo”  foi unha proposta para achegar ao alumnado unha actividade baseada no xogo, que deixa un impacto positivo no coñecemento e xera interese cara ao cooperativismo. Realizaremos 5 edicións nos centros: Grande Obra de Atocha, Urbano Lugrís, Fernando Wirtz, Paseo das Pontes, e Imaxe e Son, que acadaron unha participación de 87 estudantes.

 

[ Estas actividades fan parte do Programa Economía Social A Coruña 2023 realizado pola Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña. Folleto divulgativo do mesmo neste enlace. ]

O pase de diapositivas require JavaScript.