A axencia creativa Moira ofrece descontos nos seus servizos ás socias da Unión

 

 

Moira S. Coop. Galega, unha axencia creativa con sede en Padrón que acaba de nacer, son un equipo xoven, de 5 persoas unidas para levar máis alá o seu emprendemento, veñen de asociarse á Unión de Cooperativas EspazoCoop e ofrecen ás cooperativas da Unión un pequeno desconto do 10%, para quenes queiran que Moira deixe pegada na súa empresa.

Contan con distintos servizos de branding (como identidade de marca e deseño gráfico), elaboración de páxinas webs, xestión de redes sociais, campañas publicitarias dixitais, fotografía e vídeo.

Mediante os seus valores queren ser diferentes do resto, son transparentes, adáptanse, son conscientes e gústalles traballar con xente que esté na mesma sintonía.

Podedes atopalas e saber máis na súa web: www.moiracreativa.com

Foto facilitada por Moira: Raquel, Marina, Sara, Andrés e Naty.