Encontros de Cooperativas

#SaímosCooperando

Os Encontros son unha actividade do programa #SaímosCooperando, un servizo de mentoring para empresas cooperativas, realizado co apoio do programa POISES, convocado por Cepes co apoio do Fondo Social Europeo (FSE). As reunións de traballo realízanse en formato telemático de curta duración, para facilitar a asistencia das cooperativistas.

Nesta 3ª edición do programa Saímos Cooperando están previstos a realización de cinco encontros entre os meses de Abril e Setembro de 2022, destinados ás cooperativas socias e outras cooperativas galegas.

[ PRÓXIMO ENCONTRO ]

Venres 16 de Setembro de 2022, en horario de 9.30 a 11.30, On-line, baixo o título: “MELLORA ORGANIZATIVA”.

[PROGRAMA E INSCRICIÓN ]

Fai clic no  Programa do encontro –  InscriciónCartel



[ Obxetivos xerais dos Encontros ]

Teñen un dobre propósito:

Buscan favorecer o coñecemento mutuo entre as cooperativas que participen no programa #SaímosCooperando, así como potenciar a posta en común de necesidades, a transferencia de experiencias e boas prácticas, co fin de compartir os recursos, readaptar actividades, establecer alianzas, crear redes, xerar actividade, ou intercooperar.

Os Encontros tamén serán espazos que invitan a outras cooperativas galegas a participar -aquelas que non pertencen á base social da Unión de Cooperativas EspazoCoop- , para ter a oportunidade de coñecer de primeira man EspazoCoop e ás súas cooperativas asociadas. Deste xeito poden experimentar a través da asistencia á actividade como son os servizos da Unión, de cara a valoralos e tecer redes.

[ Destinatarias ]

Os Encontros están dirixidos a:

  • Cooperativas socias.
  • Outras cooperativas galegas.

[ Acceso ]

Gratuíto previa inscrición.

[ Calendario de Encontros ]

  • 6 de Abril de 2022 | Presentación do Programa #SaímosCooperando. Necesidades das cooperativas interesadas.
    Recursos e boas prácticas en procesos de consolidación de cooperativas.


  • 5 de Maio de 2022 | Financiamento ético e solidario.


  • 16 de Xuño de 2022 | Ferramentas Comerciais.


  • 8 de Xullo de 2022 | Ferramentas de Planificación.


  • 16 de Setembro de 2022 | Ferramentas e boas prácticas para a Mellora Organizativa.

 


[Nova relacionada, sobre o Programa Saímos Cooperando, mentoring para empresas cooperativas ] neste enlace