Convite ao Día do Cooperativismo Galego

[ Sábado 2 de xullo ás 12 horas – Parque da Música – Santiago de Compostela ]

A celebración do Día do Cooperativismo Galego que está organizado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, será o sábado 2 de xullo coincidindo coa celebración en todo o mundo do Día Internacional das Cooperativas.

 

 

Con tal motivo a Consellería envía un Convite para asistir ao acto extensible a tódalas cooperativas socias da Unión de Cooperativas.

Este ano o lema escollido é “As cooperativas constrúen un mundo mellor”.

 

Informarvos que dentro da programación do acto entregaranse os “Premios do Certame Cooperativismo no Ensino” e os “Premios á Cooperación 2022” que este ano galardoa a dúas cooperativas socias Aventeira de Fene e 13 Grados de Vigo, ademais de á cooperativa Agroflor.

Ademais, destacar que está previsto realizar unha pequena homenaxe póstuma á nosa querida e estimada Olga Amoedo, cooperativista e profesora na escola cooperativa Colexio Alborada de Vigo durante toda unha vida profesional, tamén foi moi activa no movemento cooperativo galego, exercendo cargos de representación, a presidencia na Unión de Cooperativas de Ensino de Galicia (Ucetag), e no consello da Federación de Cooperativas Sinerxia, antes da fusión destas entidades na actual EspazoCoop.

O acto estará presentado por Fran ‘Cañotas’ e tamén gozaremos das actuacións musicais do Coro Encaixe e a banda Momboi.

Lembrade que se celebra no Parque da Música, ao lado do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela a partir das 12 horas.

Deixamos para consulta a páxina web do Día do Cooperativismo Galego 2022 neste enlace

 

Para confirmar asistencia:

– Pódese cubrir o formulario da web: formulario na web

– Tamén enviar un correo a diadocooperativismo@xunta.gal indicando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos da persoa que inscribe.
  • Entidade ou cooperativa.
  • Número de persoas que asistiredes.
  • Teléfono de contacto.

– Ou chamar de 9 a 14 horas ao 604062506.