Saímos Cooperando

#SaímosCooperando: Un programa de mentoring para empresas cooperativas. Acompañamento e apoio nos impactos das crises.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria para solicitar o Programa #SaímosCooperando, destinado a cooperativas socias prioritariamente, e a outras cooperativas.

 

[ Obxecto ]
Selección de 15 cooperativas para participar no Programa #SaímosCooperando, a través do cal prestarase un servizo de mentoring para consolidar cooperativas, mediante a posta en marcha de procesos de acompañamento para impulsar melloras na organización beneficiaria, en especial polo impacto producido pola crise.

[ Convoca ]
Unión de Cooperativas EspazoCoop.

O programa Saímos Cooperando enmárcase na programación 2022 da rede Eusumo, rede liderada pola Xunta de Galicia para promoción do cooperativismo e a economía social en Galicia, e no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) do FSE.

[ Prazo de solicitude ]
Mércores 13 de abril de 2022.

Para consultar as Bases da convocatoria e acceder ao formulario de solicitude, fai clic nos seguintes enlaces:

>> Programa #SaímosCooperando

>> Formulario de solicitude

[ Información e consultas ]
986 866 149 – roberto@espazo.coop

Co apoio de: