Programa Consolida+. Consolidando o tecido cooperativo
[Edición 2025-2026]
O Programa Consolida+ – Consolidando o tecido cooperativo- da Unión de Cooperativas EspazoCoop, realizado no marco da programación 2025-2026 da Rede Eusumo, e do programa Efeso, é un servizo de asesoramento en procesos de consolidación e mellora de cooperativas que integran a base social da Unión de xeito gratuíto, e conta cun fondo de 590 horas ata outubro de 2026.
Cabe destacar que un 15% das horas do programa irán destinadas ao cooperativismo de ensino, reforzando o acompañamento sectorial especializado.
Se es unha cooperativa que quere mellorar a súa xestión diaria, aprender a planificar e anticiparse, marcar obxectivos, detectar necesidades e áreas de mellora, fortalecerse, analizar, avaliar e xerar un plan de acción operativo e estratéxico, este programa é para ti!.
Dende novembro de 2025 véñense beneficiando distintas socias en ámbitos e temáticas que necesitan abordar, o asesoramento prestado pode ir dende a diagnose inicial e a análise dalgunha-s área-s da empresa como a comercial, organizativa, económica e financeira, ata a planificación para implementar medidas de mellora.
Consolida+ busca manter e incrementar o emprego cooperativo, mellorar as condicións de traballo e garantir a viabilidade e o crecemento das cooperativas usuarias mediante o acompañamento personalizado. Como obxectivos márcase:
Dar soporte e apoio ás socias para a consolidación.
Acompañar ás socias, órganos directivos e consellos reitores para asumir con garantías o seu papel de goberno e xestión.
Impulsar o encontro e as relacións entre cooperativas.
Facilitar ferramentas específicas de xestión empresarial.
As usuarias do Programa Consolida+ terán á súa disposición un recurso formativo na plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas, trátase do curso en liña “Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa” (20 horas), sobre organización societaria e xestión empresarial en cooperativas, co que complementarán o asesoramento recibido e refrescarán aspectos básicos do modelo cooperativo, sempre que sexa recomendada a súa realización polo persoal técnico do Programa.
Ademais, o longo do programa organizaranse:
- Tres webinars que permitirán tratar tres temáticas de interese para as cooperativas participantes en Consolida+, ao mesmo tempo estimular a intercooperación entre elas. Serán sesións formativas e informativas para a mellora dos proxectos cooperativos.
- A elaboración dun recurso audiovisual para difundir e dar a coñecer Consolida+, así como pór en valor casos de éxito dos procesos de mellora polos que pasan as cooperativas que participan.
- Por último realizarase un evento de comunicación de resultados en setembro de 2026, servirá para compartir os resultados coas usuarias dos acompañamentos, así como con outras destinatarias e interesadas, para intercambiar impresións, experiencias e seguir construíndo rede.
WEBINARS
| Plan de mellora |
Neste webinar abordaremos como implantar un plan de mellora na cooperativa para analizar e diagnosticar situacións e necesidades que permitan tomar as decisións adecuadas, sortear dificultades e lograr resultados óptimos na nosa empresa. No mesmo ademais, presentarase o programa de acompañamento para elaboración de plans de mellora en cooperativas de ensino.
Imparte: A sesión virtual estará guiada e dinamizada por Xedega S. Coop. Galega, consultora especializada en economía social.
12 de marzo de 2026 | De 16.30 a 18.30 h. | Inscrición aberta > neste enlace
| Regulamento de réxime interno |
Neste webinar aprenderemos a elaborar un regulamento de réxime interno na cooperativa, que permitirá establecer normas claras de comportamento, responsabilidades e convivencia na organización, para previr conflitividade, e marcar un funcionamento e procedementos operativos que garantan unha xestión de calidade.
Imparte: A sesión virtual estará guiada e dinamizada por Ana Lorenzo Vila, socióloga experta en economía social, cooperativismo, e participación social.
16 de abril de 2026 | De 10.30 a 12.30 h. | Inscrición aberta > neste enlace
| Interpretar estados financeiros |
Un webinar para aprender a interpretar os estados financeiros nas cooperativas, que permita contar con certa capacidade para avaliar a saúde económica da cooperativa e o uso dos seus recursos, detectar riscos e oportunidades de mellora na xestión. Búscase proporcionar ferramentas que afortalen a transparencia e a confianza interna e externa da entidade, e apoie a toma de decisións responsables e sostibles.
27 de maio de 2026 | De 10.30 a 12.30 h. | Inscrición aberta > neste enlace
CURSO EN LIÑA
| Ferramentas básicas de xestión cooperativa |
As usuarias do Programa Consolida+ teñen á súa disposición un recurso formativo na plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas, trátase deste curso en liña «Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa» (20 horas), sobre organización societaria e xestión empresarial en cooperativas, co que complementarán o asesoramento recibido e refrescarán aspectos básicos do modelo cooperativo, sempre que sexa recomendada a súa realización polo persoal técnico do Programa.
Curso aberto durante o programa
O curso desenvólvese na modalidade de teleformación. As persoas interesadas inscribiranse a través deste formulario. Unha vez reciban as claves de acceso, poderán entrar no curso onde terán ao seu dispor os materiais teóricos e ferramentas complementarias. O curso estará aberto na plataforma mentres estea activo o programa (ata 30 de setembro 2026) , promovendo así a flexibilidade e a posibilidade de que cada quen organice o seu tempo de estudio. O curso, que o alumnado pode facer na modalidade de autoformación, contará co apoio, se fose necesario, das persoas do equipo técnico de EspazoCoop.
Consulta o programa de “Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa” > neste enlace
Se es unha cooperativa interesada, aínda que non esteas actualmente participando dentro do Programa Consolida+ , podes inscribirte igualmente e a Unión contactará contigo.
Por que solicitar Consolida+ ?
SE ES UNHA COOPERATIVA INTERESADA EN CONSOLIDA+
PONTE EN CONTACTO CON ESPAZOCOOP!
Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop – info@espazo.coop – 981 57 55 78
ESTA INICIATIVA, CONSOLIDA+, CONTA CO APOIO E ENMÁRCANSE NOS PROGRAMAS:
Programa 2025-2026 da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o periodo 2021-2027, a traves do organismo intermedio CEPES.