Programa: Economía Social na Coruña 2023

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña colaboran un ano máis para realizar un programa sobre Emprendemento Empresarial na Economía Social’ durante 2023. Esta colaboración ofrece unha serie de actividades e servizos de apoio ao cooperativismo á cidadanía da Coruña.

 

Ambas entidades impulsan un programa con 4 liñas de acción que permiten dotar de servizos e actividades de Tele-Formación, Divulgación do Cooperativismo, Asesoramento e Acompañamento Especializado a cooperativas en funcionamento do Concello da Coruña, aínda que tamén a persoas que están pensando en Crear Empresas Cooperativas.

O Servizo presta soporte ás cooperativas para apoiar a súa evolución e mellora, superar crises e dificultades que poidan ter, detectar eivas, analizar e potenciar áreas da cooperativa, tratando de consolidar o emprego cooperativo da Coruña e contribuír a súa mellora empresarial.

[ As liñas de intervención do Programa “Emprendemento Empresarial na Economía Social”, A Coruña 2023 ]

Xoves do cooperativismo no Papagaio

O segundo xoves de cada mes realizaranse actividades de promoción e dinamización do cooperativismo no Centro de Empresas Accede Papagaio da Coruña, neste centro levaranse a cabo labores de atención a usuarias en materia cooperativa, en xornada de mañá, ademais de programar varias actividades, como :

PÍLULAS FORMATIVAS: sobre temas de interese para cooperativas.

> Comunicación Comercial | Xoves 18 de maio de 9.30 a 11.30, no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña) |Cartel| Inscrición (Pechada) | Imparte: Praxxis Inclusión s. coop. galega, Laurent Ogel | Trátase dunha Pílula Formativa práctica, na que se traballará a Comunicación Comercial a través da ferramenta da Árbore Estratéxica.

> Axudas e Apoios ao Cooperativismo | Xoves 8 de xuño de 9.30 a 11.30, no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña), tamén retransmitirase vía streaming | Cartel | Inscrición | Imparte: 50Pés Consultoras s. coop. galega, Helena Sanmamede Maneiro | Abordaranse as liñas de axudas e apoios existentes para cooperativas: Programa Aprol, Bono Consolida, ou ES-Transforma entre outras.

 

ALMORZOS COOPERATIVOS: sesións de networking e intercooperación:

> Networking | Xoves 13 de abril de 9.30 a 11.30 | Cartel | Inscrición (pechada)

 

SESIÓNS “AS COOPERATIVAS CONTAN”: as cooperativas darán a coñecer as súas áreas de actuación e de traballo.

 

Calendario “Xoves de Cooperativismo” :  xoves 13 de abril – xoves 18 de maio – xoves 8 de xuño – xoves 13 de xullo – xoves 10 de agosto – xoves 14 de setembro – xoes 19 de outubro – xoves 9 de novembro, e xoves 14 de decembro de 2023.


EspazoCoop acompaña: servizo de apoio ás cooperativas

Asesoramentos e acompañamentos, tanto para cooperativas en funcionamento como para as persoas dos grupos promotores de novas cooperativas (incluíndo a empresas en crise que poden valorar a súa transformación en cooperativa, persoas autónomas para agrupar servizos, recursos e investimentos, empresas que vaian a pechar por xubilación e valoren o relevo en cooperativa, etc. ).

Do mesmo xeito, favorecer a creación de cooperativas conformadas por colectivos con especiais dificultades de acceso ao mundo laboral ou que proveñan de empresas en crise e atopar así saídas de autoemprego colectivo que contribúan ao mantemento da actividade empresarial.

Un servizo de acompañamento activo durante todo o ano 2023.


Tele-formación cooperativa

Dous cursos de tele-formación en materia cooperativa dirixida a diversos colectivos interesados no modelo de empresa cooperativa e tamén a cooperativas en funcionamento. Realízanse na Aula Virtual de EspazoCoop, os seguintes cursos:

> Contabilidade Cooperativa – nivel 0 | Do 2 ao 19 de maio 2023 | 20 horas |  Cartel – Programa – Inscrición (Pechada).

> Contabilidade Cooperativa – nivel pro, supostos prácticos | Do 1 ao 16 de xuño 2023 | 20 horas | Cartel – ProgramaInscrición

 


Cooperativismo nos centros de ensino

Esta proposta de divulgación do cooperativismo no ensino da cidade da Coruña componse de varias actividades dirixidas ao alumnado de secundaria e formación profesional:

  • Charlas informativas “E ti, coñeces a fórmula?”.
  • Táboa redonda “Montar unha cooperativa é unha boa opción”, onde cooperativistas  presentan os seus proxectos profesionais e establecen un diálogo co alumnado.
  • Visitas a cooperativas para coñecer de primeira man cooperativas da Coruña mediante visitas guiadas aos seus centros de traballo.
  • Escape room para promover o coñecemento sobre as cooperativas dun xeito ameno e divertido.

Calendario: as actividades nos centros de ensino realizaranse de setembro a decembro de 2023.


Folleto do Programa “Economía Social A Coruña 2023” neste enlace


Contáctanos para solicitar máis información, cita previa de atención, e demandar os servizos e actividades do Programa:

881 887 456 | info@espazo.coop | www.espazo.coop