Coñece ás novas cooperativas socias



Presentamos a un grupo de cooperativas, recentemente asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.

 

 

• MAZARIÑAS •


Mazariñas | Casas do maior de Camariñas e Mazaricos.

Mazariñas, S. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo que xestiona as Casas do Maior das localidades de Cee e Mazaricos.

As casas do maior realizan coidados diurnos de persoas maiores.

Laxe (A Coruña) | Cooperativa de traballo


• OUTRORA •


Outrora | Consultoría educativa

Outrora S. Coop. Galega actividades, programas e proxectos no ámbito socioeducativo en áreas de igualdade, dinamización comunitaria, e lecer.

Tamén realizan servizos de consultoría educativa, e crean proxectos a medida.

A Guarda (Pontevedra) | Cooperativa Xuvenil | Web: neste enlace


• SYMBIOSE XESTIÓN NATURAL •


Symbiose Xestión Natural | Xestión forestal

Symbiose realizan actividades de xestion forestal e do medio natural.

Os seus servizos de arboricultura e xestión natural pasan por realizar podas en altura, podas de froiteiras, inxertos, desbroces, traballos de xardinería e silvicultura en xeral, e tamén deseñan espazos naturais (como bosques comestibles, ou xardíns en azoteas…).

A Lama (Pontevedra) | Cooperativa Xuvenil


• MAGIA EN LA MANGA •


Magia en la Manga | Espectáculos

Magia en la Manga é unha compañía viguesa especializada en espectáculos de maxia para todo tipo de eventos.

Está formada por varias persoas ilusionistas con anos de experiencia sobre todo tipo de escearios, a súa prioridade é a calidade, a profesionalidade e a versatilidade para facer de cada evento unha ocasión especial para calquera público en toda Galicia.

Maxia en eventos privados, maxia para empresas, maxia educativa…

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa traballo asociado | Web: neste enlace