A cooperativa Alén organiza o evento “Ser B talk Galicia” 

O luns 27 de marzo a nosa socia, a cooperativa Alén, organiza unha “Ser B Talk” a nivel Galicia co obxectivo de visibilizar o movemento BCorp, porque, aínda que en Galicia hai moitas empresas de impacto positivo, BCorp aínda é unha gran descoñecida. BCorp é unha certificación de referencia para as empresas con propósito B Corp Spain, moi recoñecida en EE. UU. e cada vez con máis ámbito global.

 

O alcance da certificación abarca a organización completa, e artéllase en 5 eixos: gobernanza, traballadoras, comunidade, medio ambiente e clientela, e conta cunha comunidade moi forte detrás, impulsando a transición sostible. Algunhas das organizacións que forman parte desta comunidade son Pan do Mar (e Larsa como parte de Capsa), en Galicia, Ecoalf e Veritas a nivel nacional, e Patagonia, Ganni ou Ben and Jerry a nivel internacional.

En concreto nesta Ser B Talk contan con dúas galegas que compartirán a súa experiencia sobre o movemento B Corp: Marta González-Mouro CEO é socia fundadora de 21gramos , consultora especializada en sustentabilidade, desde onde dirixe o Estudo Marcas con Valores de tendencias en consumocracia, que é referencia no ámbito de investigación social e Patricia Gabeiras Vázquez , socia fundadora de Gabeiras & Asociados , despacho constituído co obxectivo de contribuír, desde o Dereito, á creación dunha sociedade máis xusta, igualitaria e sostible, sendo o único despacho de avogados certificado B Corp en España.  Despois compartirase un espazo de networking.
Desde Alén, poden acompañar ás organizacións no proceso de certificación completando a avaliación e asesorando sobre medidas que poden implantar para mellorar e aumentar o impacto positivo.
O evento está integrado nas actividades relacionadas co emprendemento que se realizan nos Centros Municipais de Empresas da Coruña, dos que Alén fai parte xa que agora están situadas en Accede Papagaio. Este é o link de inscrición.
  • Centro de Empresas Accede Papagaio, A Coruña
  • Calquera dúbida, contacta con Alén : info@alenlab.com – www.alenlab.com – 698170240