Estás sen emprego?. Estades pensando en emprender un proxecto?. Por que non emprender en grupo ?. Coñece as cooperativas, e anímate a participar !.

UGACOTA imparte 3 obradoiros gratuítos no Centro da Rede Eusumo na Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos s/n, Pontevedra):

” Formación cooperativa para persoas que queren emprender “: Con este curso preténdese divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social : o modelo cooperativo. Tamén se dará a coñecer as testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa.

Datas: 16, 17, 19 e 20 de febreiro de 2015. Horario: De 10 a 15 horas. Duración: 20 horas.

Fai clic : Programa  

 

” Elabora o teu plan de empresa cooperativo”: Con este curso preténdese mostrar desde un punto de vista práctivo as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable. Tamén elaborar conxuntamente os distintos apartados do Plan de Empresa do noso proxecto, e avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, e o calendario de actuacións.

Datas: 24, 25, 26 e 27 de febreiro de 2015. Horario: De 10 a 15 horas. Duración: 20 horas.

Fai clic : Programa

 

” Por que non traballamos en equipo ? : Con este curso preténdese desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. · Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais. E descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

Datas: 2, 3, 4 e 5 de marzo de 2015. Horario: De 10 a 15 horas. Duración: 20 horas.

Fai clic : Programa

 

Fai clic:  INSCRICIÓNS

Colaboran: Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo- Deputación de Pontevedra