A Rede Eusumo coa idea de dar a coñecer a fórmula empresarial cooperativa como unha boa opción de emprendemento entre persoas que buscan sacar adiante proxectos de iniciativa social, organízanse as xornadas de difusión “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”.

Serán dúas Xornadas destinadas amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social.

Estas xornadas, dirixidas tanto a persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, como a persoas interesadas en formación relativa as actividades ligadas ás iniciativas sociais, terán lugar :

– Os días 20 de febreiro en horario de 10:00h a 13:00h, no edificio Cersia de Santiago de Compostela.

– A segunda das actividades terá lugar o día 24 de febreiro de 10:00h a 13:00h, na Cámara de Comercio de Vigo.

A través destas xornadas, os asistentes poderán:

– Coñecer o marco dos servizos sociais en Galicia.
– Achegar o modelo cooperativo a persoas que pretenden emprender no sector de  servizos sociais.
– Dar a coñecer referentes cooperativos neste sector.
– Mostrar os recursos e apoios existentes para impulsar proxectos cooperativos no sector servizos sociais.

Díptico  e Mailing da xornada en Santiago de Compostela

Díptico  e Mailing da xornada en Vigo

Pode poñerse en contacto con nós no teléfono 981 558 008 ou no enderezo info@eusumo.coop.

Para máis información, visite as web: www.eusumo.coop – www.cooperativasdegalicia.com