Continúan as formacións EC4RURAL: abertas as inscricións para a 6ª edición do curso “Comunidades de Enerxía Renovable”
En EC4RURAL continuamos apostando pola formación en comunidades de enerxía renovable e xa temos preparada a 6ª edición do noso curso.
Nesta nova convocatoria introducimos unha mellora na estrutura do programa, ampliando a súa duración ata as 17 semanas, co obxectivo de ofrecer unha aprendizaxe máis pausada e profunda. Cada un dos módulos contará agora con 3 semanas de duración (a excepción do primeiro módulo que terá unha duración de dúas semanas), facilitando un maior aproveitamento dos contidos e unha mellor conciliación coas actividades profesionais e persoais do alumnado.

📅 6a edición
- Inicio: 28 de setembro
- Fin: 25 de xaneiro 2027
- Periodo de rexistro: desde a publicación desta convocatoria ata o 14 de setembro.
🌿 Unha formación para impulsar a transición enerxética
O curso está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer o funcionamento das comunidades de enerxía renovable, desde os seus aspectos técnicos e normativos ata os modelos de gobernanza, financiamento e participación cidadá.
📌Se estás interesado/a en formar parte dunha comunidade enerxética ou en promover proxectos de transición enerxética no teu territorio, esta é unha excelente oportunidade para adquirir os coñecementos necesarios.
📚 Contidos por módulos:
- Sensibilización cara á cidadanía enerxética
- Comunidades enerxéticas: diagnose inicial
- Acción colectiva con concellos e GDR: mobilización e traballo en rede
- A cadea enerxética na transición enerxética
- Modelos de negocio para comunidades enerxéticas rurais
- Implementación e funcionamento de comunidades enerxéticas rurais
🏆 Datos de interese:
- Máximo 50 prazas por edición
- Diploma acreditativo
- Actividades de avaliación e autoaprendizaxe
- Dinámicas participativas
- Flexibilidade horaria e autonomía
👉Accede aquí ao formulario de inscrición
Agardámoste na próxima edición para seguir construíndo, un modelo enerxético máis sostible, participativo e resiliente.
Leave A Comment