Emprendemento Social e Cultural con Impacto | Concello de Pontevedra

 

– Programa: Emprendemento Social e Cultural con Impacto.

– Financiado: polo Concello de Pontevedra.

– Período: Dende o ano 2026 – En curso.


 

EspazoCoop e o Concello de Pontevedra desenvolverán proxectos e accións para promover un programa conxunto de emprendemento social e cultural con impacto, e de impulso do cooperativismo, coas asociacións Pont Up Store e Culturgal, cunha programación que se realizará no equipamento municipal do Centro Internacional de Creatividade “Maruxa Mallo” de Pontevedra, espazo no que a Unión de Cooperativas contará cunha oficina de traballo para:

  • Información e asesoramento en emprendemento en cooperativa
  • Acompañamento a grupos promotores que queiran emprender en cooperativa
  • Reunións e deseño de talleres e/ou actividades de formación
  • Punto de encontro entre cooperativas

Este espazo ten como obxectivo consolidar no novo Centro Internacional da Creatividade de Pontevedra un lugar cooperativo de referencia no 2º andar do edificio, que facilite o emprendemento, a innovación social e a intercooperación, mediante a creación dunha área de traballo compartida que ofreza acompañamento técnico, formación especializada e un punto de encontro estable para iniciativas emprendedoras e cooperativas.

A denominación de todo o 2º andar como espazo Olga Amoedo Cabrera ten ademais un profundo significado simbólico para o sector, ao render homenaxe a unha figura histórica e referente do cooperativismo no ámbito do ensino, poñendo en valor o papel das mulleres na transformación social e educativa.


Actividades 2026 da colaboración entre a Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Pontevedra


[ Programación no CIC “Maruxa Mallo”, espazo Olga Amoedo ]

  • Xornada gratuíta Conecta Coop: Estratexias de Marketing e Redes nas Cooperativas» | 10 de setembro:
    • Enfocada a capacitar a grupos promotores, emprendedores e cooperativas de recente creación no deseño da súa proposta de valor, o relato de marca e a estratexia comercial e de mercadotecnia dixital, mantendo sempre a identidade e os valores da Economía Social e Solidaria. A actividade inclúe ademais espazos de traballo en grupo e networking para favorecer a intercooperación.
  • Encontro da sectorial de cultura | 1 de outubro: xornada de intercooperación para conectar proxectos culturais e creativos baixo a fórmula cooperativa.
  • Charlas de sensibilización «E ti, coñeces a fórmula?» | 23 e 29 de outubro: dúas sesións divulgativas orientadas a dar a coñecer as ventaxes do emprendemento cooperativo e o seu impacto na economía local.
  • Mapeo e grupos focais: realización de dous grupos focais con axentes públicos e privados e un estudo diagnóstico sobre o emprego en Economía Social nos sectores creativos da comarca de Pontevedra.

[ Novas relacionadas 2026 ]