Encontro: Sectorial de Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medioambiente de EspazoCoop 

 

EspazoCoop en colaboración co Concello de Pontevedra e o Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo organiza un encontro de intercooperación e networking para as cooperativas da Sectorial de Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medioambiente de EspazoCoop, o 1 de outubro de 2026 de 10:30 a 13:30 h, na nova sede de EspazoCoop en Pontevedra, no CIC Maruxa Mallo.

Un espazo para facilitar a reflexión, o coñecemento mutuo das cooperativas, e a dinamización de procesos de colaboración e intercooperación do ecosistema cooperativo galego.


[ PROGRAMA ]

Data: Xoves 1 de outubro de 2026
Horario: De 10:30 a 13:30 horas

Lugar: EspazoCoop Pontevedra – No Centro Internacional da Creatividade Maruxa Mallo | Espazo “Olga Amoedo” – Rúa Alfonso XIII, nº7 Pontevedra 

10.30h Presentación do espazo CIC Maruxa Mallo

10.45h Visibilización da sectorial

11.30h Información incidencia política, proxectos, e iniciativas en curso. Resultados encontros anteriores

12.00h Espazo de coñecemento, exposición e intercambio

13.00h Xantar compartido

👉 👉 Inscrición: neste enlace

– Organiza: EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas
– Patrocina: Excmo Concello Pontevedra
– Esta iniciativa enmárcase dentro da colaboración entre o Excmo. Concello de Pontevedra e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop no ano 2026