EspazoCoop participa en Madrid en C2C Conversacións para fortalecer o tecido da economía social e solidaria
EspazoCoop asistiu ao encontro C2C Conversacións, aprendizaxe e intercambio organizado por REAS, o 18 de novembro no Ateneo La Maliciosa en Madrid, un espazo de diálogo e intercambio entre profesionais, docentes de Formación Profesional e entidades da economía social e solidaria para afondar no fomento del emprendemento vinculado aos coidados. Para a Unión de Cooperativas compartir estratexias e boas prácticas no emprendemento con outras organizacións e territorios fortalece a nosa organización e os modelos de atención ao emprendemento.
C2C Conversacións parte do convencemento de que, analizar de xeito aberto e crítico os nosos percorridos (programas, actividades formativas, recursos, ferramientas, protocolos…), podemos mellorar a nosa incidencia e fortalecer o tecido da economía social e solidaria (ESS).
A xornada combinou sesións plenarias e traballo en grupos reducidos, con dúas mesas:
Unha primera mesa inspiradora sobre o marco público-comunitario dos coidados, o cooperativismo, a economía feminista e os modelos comunitarios. Subliñar que, entre outras, como experiencias transformadoras contouse coa Rede de Cooperativas de «Casas do Maior da Costa da Morte», con Natali Asorey dende Galicia. A segunda mesa plantexouse como un diálogo entre docentes de FP, referentes de aulas de emprendemento e entidades da ESS sobre como levar a realidade cooperativa e dos coidados aos módulos de emprendemento.
Despois chegaron os obradoiros simultáneos por eixo, con grupos mixtos de docentes, alumnado de FP e entidades de la ESS:
– Dignificar o traballo de coidados: ooperativismo e condicións laborais, que dinamizou a Escuela de Emprendedoras Juana Millán.
– Organizacións habitables: o coidado tamén hacia dentro, que dinamizou a cooperativa galega 50 Pés Consultoras, e Germinando Iniciativas Socioambientales.
– Modelos comunitarios e públicos: alternativas á mercantilización, que dinamizou a Asociación Otro Tiempo e REAS Balears.
Nestes obradoiros exploránonse os retos, experiencias e aprendizaxes, e traballaron nun laboratorio práctico para co-construír propostas concretas (contenidos, dinámicas, materiales) que puedan integrarse en los módulos de emprendimiento de la Formación Profesional.
Para pechar, presentáronse conclusións no plenario e falouse dos próximos pasos.
Despois do encontro publicaranse na web da xornada as conclusións desta 4ª edición e unha guía didáctica dirixida ao profesorado e alumnado de FP.
Consulta toda a información na web de C2C 2026
Leave A Comment