Dereitos Culturais [ Coceta ]

 

– Proxecto: Estudo “Cooperativas. Aliadas clave para os Dereitos Culturais”

– Período: Dende o ano 2026 – En curso.


 

EspazoCoop participa no proxecto impulsado por Coceta, e financiado polo Ministerio de Cultura,  que desenvolverá o estudo “Cooperativas: Aliadas clave para os Dereitos Culturais” para analizar como o modelo cooperativo garante os dereitos culturais no Estado.

O seu obxectivo é coñecer mellor a realidade das cooperativas culturais e analizar a súa contribución ao acceso e a participación cultural, a diversidade, a gobernanza democrática, as condicións laborais e o desenvolvemento territorial.

Entre outros o Estudo abordará:

  • análise do impacto en dereitos humanos (evaluando como as cooperativas facilitan o acceso, a participación e a liberdade artística)
  • investigación multiterritorial comparada (estudo profundo en Andaluciía, Cataluña, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid e Galicia)
  • dimensións de análise estratéxico (foco en gobernanza democrática, diversidade cultural e condicións laborais dignas no sector)

Como resultados previstos están:

  • xerar datos sobre sostibilidade e participación que actualmente non existen en sistemas oficiais
  • mellorar políticas públicas, creando recomendacións técnicas para actualizar marcos normativos e modelos de financiamento cultural
  • fortalecer o ecosistema cooperativo, visibilización de boas prácticas e consolidación de redes de intercooperación a escala nacional

Participan tamén neste proxecto as organizacións representativas do cooperativismo de traballo de territorios de Madrid, Valencia, Andalucía e Cataluña: Cooperama, Fevecta, Faecta e Fctc.