Plans Estratéxicos en seis sectores para impulsar o cooperativismo
A Unión de Cooperativas EspazoCoop elaborou varios estudos e informes sobre oportunidades de
implantación para o cooperativismo en Galicia.
Con estes informes tratouse de identificar oportunidades sectoriais -para a fórmula de cooperativa-, realizando 6 estudos que orienten as políticas públicas e os dispositivos de apoio ao emprendemento que se promoven dende o goberno autonómico.
Estes Plans Estratéxicos tamén poden orientar e ser de utilidade para profesinais vinculados ao emprendemento ou a persoas que buscan organizar proxectos baixo a fórmula cooperativa nalgúns dos ámbitos de estudo.
Pódese acceder e descargar os Plans que foron elaborados para apoiar o desenvolvemento do cooperativismo galego nas seguintes temáticas:
- Cohousing Senior
- Sector Coidados
- Sector Coworking
- Sector Cultural
- Economía Circular
- Sector Novo Rural