Webinar: Plan operativo de implantación de ODS para o impulso do emprendemento na economía social

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, no marco do proxecto ES-Factory, celebrará o vindeiro martes 29 de setembro de 2026 o webinar de Presentación do Plan operativo de implantación de ODS para o impulso do emprendemento na economía social, de 10.30 a 13 h. Será presentada por Dalle que Dalle S. Coop. Galega, quen realizou o plan para EspazoCoop e o proxecto ES-Factory: Rede de aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas economías emerxentes na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Con este webinar poderás coñecer o Plan operativo de implantación de ODS así como a ferramenta desenvolvida, a través dunha presentación do recurso e unha demostración práctica sobre a propia ferramenta.
Obxectivos do webinar
- Comprender o marco da Axenda 2030 e o papel das entidades de economía social na súa implantación
- Identificar os ODS prioritarios para cooperativas e outras entidades da economía social
- Presentar o Plan de implantación dos ODS desenvolvido no marco deste proxecto, neste enlace, adaptado a diferentes tamaños e sectores
- Mostrar o funcionamento da ferramenta que acompaña a este plan, neste enlace, deseñada para facilitar o diagnóstico, planificación e seguimento
- Realizar un exercicio práctico para poder ver como aplicar o plan e a ferramenta nun caso real
- Favorecer a reflexión estratéxica e a integración dos ODS na gobernanza e na xestión diaria
[ PROGRAMA DA SESIÓN online – 10.30 a 13 h ]
Benvida e contextualización
- Breve presentación do proxecto ES-Factory
- Breve introdución ao papel da economía social na Axenda 2030
Os ODS como marco estratéxico para a economía social
Por que os ODS son unha oportunidade para cooperativas e entidades sociais
Plan de implantación dos ODS nunha entidade de economía social
O proceso de implantación:
- Diagnóstico inicial: identificación de ODS diana ou prioritarios, e metas chave
- Identificación de axentes chave
- Avaliación
- Plan de acción: cronograma, responsables, recursos, seguimento e avaliación
- Comunicación e transparencia
Presentación da ferramenta
Exercicio práctico guiado
Preguntas e debate aberto
👉 👉 Inscrición ao webinar > neste enlace | Cartel > aquí
O webinar do proxecto ES-Factory, enmárcase no bloque de actividades 4: Desenvolvemento do Observatorio social da eurorrexión Galicia e Norte de Portugal e impulso da valorización e visibilización da economía social. Neste marco, ademais do desenvolvemento dunha metodoloxía que permita a medición e comparativa das entidades da economía social, que está en curso, desenvolveuse o Atlas de Entidades de Economía Social da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e o Observatorio de Economía Social da Eurorrexión.
CONVOCA: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop
INICIATIVA NO MARCO DOS PROGRAMAS:

Proxecto 0259_ES_Factory_1_E que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027.
Leave A Comment