Programa: Sensibilización para o Emprendemento Cooperativo

 

 

Como primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego e emprendemento en colectivo. A través dun programa de sensibilización achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo.

O coñecemento é esencial para eliminar prexuízos e desinformacións, así como para promover unha mentalidade de colaboración e traballo en equipo.

A programación 2023 realizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración coa Rede Eusumo (Xunta de Galicia), o FSE, e a Deputación da Coruña, contempla a realización de 7 charlas divulgativas tituladas “E ti, coñeces a fórmula?”, que están destinadas a aumentar o coñecemento e a comprensión sobre os valores e vantaxes do emprendemento en cooperativa, así como concienciar á xente sobre a súa relevancia para fomentar a economía local e o empoderamento das comunidades e colectivos, especialmente no rural, para mulleres e entre a mocidade, por ser unha ferramenta idónea nos procesos de participación e colaborativos.

Coas Charlas cubriremos os seguintes obxectivos:

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar cómo o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Axenda de Charlas E TI, COÑECES A FÓRMULA? programadas na edición 2023:

  • 23/01/23 Ordes | E ti, Coñeces a Fórmula? | Casa da Cultura de Ordes.
  • 07/02/23 Lugo | E ti, Coñeces a Fórmula? | Cei Nodus de Lugo.
  • 13/03/23 Melide | E ti, Coñeces a Fórmula? | Multiusos de Melide.
  • 08/05/23 Sada | E ti, Coñeces a Fórmula? | Concello de Sada.
  • 02/06/23 Oleiros | E ti, Coñeces a Fórmula? | Centro de Formación Concello de Oleiros.
  • 26/07/23 Boiro | E ti, Coñeces a Fórmula? | Viveiro de Empresas Concello de Boiro.
  • 01/09/23 Mos | E ti, Coñeces a Fórmula? | Obradoiro de Emprego Queda en Mos.

*Actividades no marco e co apoio da :

  • Programación 2023 da Rede Eusumo – Xunta de Galicia. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.
  • Deputación da Coruña.
  • Programa Poises do Fondo Social Europeo -FSE-, convocado por Cepes.