Convocatoria: O Noso Reto Solidario II

 

Innovación e colaboración no Sector da Economía Social de Galicia

 

Un Programa da Fundación Roberto Rivas, Fundación Amicos e Fundación Botín a través do cal buscan organizacións da economía social cunha idea para o seguinte reto: Como podemos fomentar en Galiza un medio local/rural vivo e sostible para que sexa competitivo, atraia talento, sexa inclusivo coas persoas e respectuoso coa contorna?.

Esta convocatoria ábrese a calquera organización galega que teña unha idea con impacto social ou ambiental e que queira desenvolvela en colaboración con outras organizacións para lograr a súa viabilidade económica.

Poden participar

  • Fundacións, asociacións e outras organizacións sen ánimo de lucro.
  • Centros especiais de emprego, empresas de inserción, cooperativas, sociedades laborais e outras figuras da economía social.
  • Emprendedoras e empresas sociais ou con propósito.

A idea pódea presentar unha entidade de forma individual ou en colaboración con outras entidades.

Iniciativa dirixida a fomentar a innovación e a colaboración no sector da Economía Social de Galicia. As organizaciós participantes colaboran na xeración de solucións innovadoras e sostibles para dar resposta a desafíos sociais.

BASES aquí  – INSCRICIÓNS aquí – PRAZO! 26 de outubro de 2026

 

Obxectivos

  • Fomentar a innovación no Sector da Economía Social.  Búsqueda de novas solucións que den resposta a retos sociais.
  • Incorporar tecnoloxías nos seus proxectos. Lograr un impacto social relevante.
  • Promover a cultura do emprendemento. Apoiando iniciativas que sexan sostibles económica, social e ambientalmente.
  • Impulsar a colaboración. Lograr proxectos sociais máis ambiciosos, mellor armados e máis estables.

 

Que recibirás neste programa?

A iniciativa busca contribuír á modernización do sector social en Galiza para garantir a súa sustentabilidade futura, a través da innovación e a tecnoloxía achegada desde o talento e o know-how empresarial.

As organizacións seleccionadas para participar no programa recibirán:

  • Un itinerario práctico de formación para desenvolver a túa idea, con apoio profesional e baseado en metodoloxías colaborativas e de Lean Startup.
  • Orientación para enfocar a dixitalización da túa proposta.
  • Mentorización por parte dun equipo de persoas expertas.
  • Facilitación para colaborar con outras entidades sociais, empresas e institucións públicas.
  • Visibilización da entidade e do proxecto, con acceso a unha rede de contactos.

 

Apoio adicional para as mellores ideas

Ao final do programa, as entidades participantes expoñerán o traballo realizado ante o Comité de Evaluación, que decidirá cales reciben apoio adicional para implantar o seu proxecto.

Os proxectos gañadores recibirán apoio financeiro (ata un máximo de 20.000 euros), apoio xurídico para determinar o marco da colaboración e apoio no asesoramento e desenvolvemento tecnolóxico dos proxectos.