V Premios á Excelencia Empresarial do Concello de Santiago de Compostela
O Concello de Santiago de Compostela mantén aberta a convocatoria da V Edición dos Premios á Excelencia Empresarial “Axenda Urbana 20230” para recoñecer as boas prácticas das empresas locais.
A convocatoria para este ano, que conta cun orzamento de 42.000 euros divididos en seis categorías e varias mencións, outorgará 6.000 euros en cada categoría. Un destes premios é específico para Boas prácticas de empresas de economía social, polo tanto, as cooperativas poden optar a el, entre outros premios.
Destinatarias: empresas con sede social ou fiscal no Concello de Santiago de Compostela, e cando menos un centro de actividade no concello.
Áreas premiadas: Conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización de produtos e servizos culturais, economía social e talento.
Bases reguladoras da convocatoria: Bases
As empresas candidatas aos premios presentarán un formulario de solicitude e unha memoria para cada unha das categorías ás que concorran. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o día 8 de setembro de 2026.
—
Imaxe: vía web do Concello de Santiago de Compostela
Leave A Comment