XXI Congreso de Cooperativas de Ensino, “Diversidade que educa, inclusión que transforma”

 

 

 

Os días 21, 22 e 23 de outubro de 2026 Melilla acollerá o XXI Congreso Estatal das Cooperativas de Ensino baixo o lema “Diversidade que educa, inclusión que transforma”, organizado pola Unión Española de Cooperativas de Enseñanza, UECoE , coa Cooperativa de Maestros de Melilla (CO.MA.MEL) como entidade coorganizadora.

UECoE, como entidade impulsora, convida ás cooperativas de ensino de EspazoCoop a participar no Congreso do Cooperativismo Educativo. O prazo de inscrición xa está aberto ata o 15 de setembro: neste enlace

Diversidade e inclusión son as palabras clave dun Congreso que farán realidade colectivamente e onde queren descubrir e explorar as potencialidades que a relación entre EDUCAR, DIVERSIDADE, INCLUSION E TRANSFORMACIÓN atesouran.

Aspírase a facer este descubrimento dende a mirada e a acción cooperativa, porque é o Congreso do Cooperativismo Educativo. A suma feita desde a diversidade propia da escola cooperativa ofrece unha oportunidade inmellorable de reflexionar e construír xuntas e xuntos.

A a necesidade de ir planificando a viaxe e o aloxamento canto antes para esta cita, fai que a inscrición xa esté aberta. Trátase dunha cita para compartir experiencias, innovación e liderado cooperativo en educación.

👉Toda a información clave, o programa provisional e documentos oficiais, na web do Congreso: neste enlace

👉Tamén se pode consultar a seguinte información: