EspazoCoop e Edelvives alíanse para poñerllo máis doado ás nosas cooperativas de ensino
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Editorial Luis Vives-Edelvives veñen de asinar un convenio de colaboración que benefiará ás escolas cooperativas, a alianza está centrada no uso e a venda de material e libros da editorial na actividade docente dos centros.
Presentación de materiais
Como parte dos compromisos adquiridos EspazoCoop facilitará a presentación dos proxectos editoriais nos centros, en coordinación Edelvives para presentar materiais, formación e asesoramento dos mesmos, e a editorial comprométese á realizar a capacitación e o acompañamento preciso no proceso de implantación dos seus materiais por cada cooperativa de ensino.
Descontos na compra directa a cooperativas de ensino asociadas a EspazoCoop
Ás escolas cooperativas contarán con descontos na compra directa de libros en texto, literatura infantil e xuvenil. Ademais, as licenzas dixitais da campaña 2025-2026 serán a prezo de custo.
O convenio poderá aplicarse a 25 cooperativas de ensino de EspazoCoop, e a colaboración exténdese tamén á facilitación de poñentes, expertas e especialistas para xornadas, encontros e seminarios en materia educativa, a partir da experiencia e traxectoria que exerce Edelvives para impulsar a innovación educativa e a capacitación permanente noutras iniciativas das nosas cooperativas de ensino.
Este convenio foi presentado por Edelvives ante os colexios cooperativos nun encontro de intercooperación organizado pola Sectorial de Ensino no Colexio Eduardo Pondal de Cangas, alí, os centros asistentes puideron coñecer, contrastar e consultar os seus aspectos.

Para coñecer os detalles e máis información contacta coa Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Para saber máis sobre as cooperativas de ensino de EspazoCoop: neste enlace
Leave A Comment