Xornada ‘Axudas da Deputación da Coruña ao Sector Cultural ‘ | 17 de novembro

[Unha actividade dentro do Convenio de Colaboración entre a Deputación da Coruña e a Unión de Cooperativas EspazoCoop 2022 ]

A Xornada Online Axudas da Deputación da Coruña ao Sector Cutural é unha actividade do programa de colaboración que EspazoCoop realiza coa Deputación Provincial da Coruña durante 2022.

 

 

Nesta Xornada vanse  presentar as liñas de axudas para o ámbito cultural, tratando as oportunidades que representan para as empresas cooperativas, así como as necesidades de mellora que se teñen detectado para as mesmas.

Amosaranse boas prácticas de cooperativas respecto destas axudas e se realizará un pequeno espazo networking entre as participantes.

Obxetivos da xornada:

  • Mellorar o acceso, a xestión e o nivel de coñecemento sobre as axudas que a Deputación da Coruña convoca para entidades do eido cultural.
  • Resolución, por parte do persoal técnico da Deputación, das dúbidas que poidan xurdir sobre o proceso de solicitude e execución das axudas.
  • Traslado, por parte das persoas asistentes, das eivas identificadas en anteriores convocatorias e propostas de mellora como potenciais beneficiarias.

Data e Horario: Xoves 17 de novembro de 2022, de 10.00 a 13.00 h., a través da plataforma Zoom.

Fai clic para consultar o Programa e realizar a Inscrición: ProgramaCartelInscrición

 

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

Contacto para esta actividade: 623 301 533 – roberto@espazo.coop