VI Cafés con Aroma a Economía Social
Desde o Foro pola Economía Social Galega, ForoESGal, o seu presidente Mino Martínez, quere convidarvos á VI edición de Cafés con Aroma a Economía Social, un encontro pensado para compartir reflexións, coñecementos e experiencias arredor dos grandes retos que afronta a Economía Social.
Nesta edición abordarase un tema de especial interese: A Economía Social ante o novo escenario xeopolítico internacional. Contarase coa participación de Miguel Otero, investigador principal no Real Instituto Elcano e profesor e director na IE University, que ofrecerá a ponencia-marco do encontro. A continuación, terá lugar unha mesa redonda, moderada por Ana Olveira, vicepresidenta 2ª do ForoESGal, na que participarán:
- Carlos Lozano, coordinador da Área de Relacións Internacionais da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES).
- Celso Gándara, representante en CEPES de ForoESGal.
- Miguel Otero, investigador principal no Real Instituto Elcano e profesor e director na IE University.
15 de outubro do 2026
De 10:00 a 12:00h
Hotel Puerta del Camino – Santiago de Compostela
Será unha boa ocasión para encontrarse, conversar e compartir unha reflexión colectiva sobre o papel da Economía Social neste novo contexto internacional.
Agardamos contar con todas vós!
Inscricións: a través do seguinte formulario aquí
Leave A Comment