IX Xornadas de Educación Ecosocial en Galicia

 

 

 

Desde Alalá S. Coop. Galega, chéganos o convite ás IX Xornadas de Educación Ecosocial en Galicia, que terá lugar o sábado 17 de outubro en Tomiño, baixo o lema “Da aula ao territorio: educación e xustiza ecosocial”.  Será un espazo para compartir, aprender e conectar experiencias educativas diversas.
Alalá Coop, é unha cooperativa socia coa que vimos desenvolvendo proxectos no ámbito da educación, o medio ambiente, a prevención de violencias, a igualdade e a conciliación.  Trátase dun encontro dirixido a docentes de todas as etapas educativas que terá lugar na histórica escola A Unión do Porvir, en Tomiño (Pontevedra).

As xornadas están organizadas por FUHEM e ALALÁ COOP, no marco dos proxectos Vínculo Ecosocial e ParticipActiva, co propósito de seguir construíndo unha educación comprometida coa xustiza social, a sustentabilidade e o ben común.
PROGRAMA E INSCRICIÓNS neste enlace

Súmadevos e participade desta experiencia!